28 de ago. de 2014

XIRONSA PERCORRERA MAÑÁ AS RÚAS CAMBADESAS ANUNCIANDO O SEU FESTIVAL.

ESTÁ TODO LISTO PARA O ENORME FESTIVAL DO SÁBADO DIA TRINTA. 
Lorenzo, que así é como coñecemos o Deus Sol estará tamén presente o vindeiro sábado
con todo o seu esplendor, e a directiva de Xironsa xa ten todo previsto para o magno festival do sábado día 30 (Podes ver o amplo cartel do festival ao remate). O venres a partir
das 21 horas as gaitas de Xironsa, percorreran as rúas cambadesas, coa intención de promocionar o festival e dalo a coñecer aparte dos cambadeses aos turistas  que estean polo noso pobo. Doutra banda o concello de Cambados, tamén anuncia cun gran mural o festival do vindeiro sábado.
APARCAMENTOS
Tamén a directiva de Xironsa ten  solucionado o tema do aparcamento para o seu Festival, para que ninguén deixe de vir por non ter onde deixalo coche. Todo estará debidamente sinalizado na estrada xeral de Cambados-Vilagarcía con
dúas lonas (unha para cada sentido de circulación) co seu logo e as indicacións. O aparcadoiro será o antigo de "Casa Rosita" xusto fronte deles. E para acceder á Praza da Seca desde aí hai un camiño peonil pegado o recinto de Casa Rosita, e que en dous minutos escasos nos leva directamente ó recinto. Para os que xa
coñecedes a zona seguro que sabedes o que vos din, e para os que non colgaran un esbozo da zona.
Recordámosvos que a zona de aparcamento polo outro lado é moi limitada e seguramente estará xa ocupada cos furgóns dos grupos que veñen, son, técnicos... etc.
En Arousa Si Radio entrevistaran  ó venres ós organizadores no programa Arousa Pontevedra Dia a Dia.


Ningún comentario: