1 de set. de 2014

A ASOCIACION XIRONSA DA AS GRAZAS MEDIANTE UN COMUNICADO A TODOS QUE PARTICIPARON DUN XEITO OU DOUTRO NO FESTIVAL

O SEU FESTIVAL DO SÁBADO, FOI TODO UN ÉXITO.
Desde a Asociación Cultural de Corvillón en xeral e desde a Organización do Festival en particular
queremos agradecer a tod@s os que fixeches posible que o Sábado fora un dos días máis grandes que vivimos na Asociación. Agradecer a todos os que colaboraron de algunha maneira, desde os patrocinadores, veciños que compraron rifas, camisetas, tickets de
comida, todos os socios da Asociación que dunha maneira ou outra axudaron a preparar ou/e recoller todo, alumn@s que tendes moitas razóns para estar orgullosos do traballo feito, a todos gracias por asistir e colaborar, por botar unha man, en xeral a todos os que colaboraches tamén nalgún momento en todo o ano de
traballo que levamos, o Concello de Cambados, ós que doaron viño, callos, chuches, coches particulares, remolques, equipos de son e materiais. Os grupos convidados que o deron todo para facer deste Festival único e memorable para todos nos! Músicos
que o deron todo! Ós técnicos de son, e montadores un merecido aplauso para eles!!! Fixeron posible que todas as actuacións tiveran unha calidade impresionante!!!! a pesares da dificultade que entendemos que entraña. Todo isto xunto fixo posible que unha humilde Asociación Cultural, con moi escasos
recursos fixera algo así, deste calibre e onde tod@s o pasamos como nunca! Gracias tamén a todos os amigos que temos nas redes sociais e que axudaron a difundir o vento, así como os medios de comunicación que se
fixeron eco! GRACIAS A TODOS OS ASISTENTES!!!!! Que deixaron a praia ou o seu tempo de ocio de lado para vir a acompañarnos nalgún momento do día neste tan grande evento para nos! Gracias a grandes e pequenos, con mención especial dos profesores: Chito, Isa, Nacho e
Manolo que nos levan aguantando un ano intentando facer de tod@s os alumnos con idades entre 6 e 76 anos algo parecido a cantareir@s, pandereteir@s, percusionistas, bailaríns, acordeonistas e gaiteir@s e que esperamos que estean canto menos satisfeitos dos resultados! Estamos satisfeitos MOI SATISFEITOS... e emocionados tamén!!! GRACIAS A TOD@S!!!!!!!!!!!!!! VIVA XIRONSA!!!!

Ningún comentario: