18 de set. de 2014

CONCERTAZO NO CONTINENTAL (CAMBADOS)

O VINDEIRO VENRES SOBRE AS DOCE DA NOITE, “LEFTLOVERS” EN CONCERTO.
Este magnifico local que é o Café Continental  de Cambados, instalado no baixo de Pazo de Moltó na Rua Hospital de Cambados, vai ter este venres un concertazo de luxo, nada mais e nada menos que o duo Leftlovers, un duo
composto por dous experimentados músicos da nosa terra. Dunha  banda temos ao guitarrista e compositor o vilagarcián Nacho Pérez e por outraao excepcional saxofonista lugués, Toño Otero. Teñen un espectacular repertorio músical  de R&B e Soul, facendo versións de clásicos como Stevie Wonder, Earth-WindFire, Jaes Taylor ou Michael Jackson. A entrada é gratuita, ou sexa que non te podes perder este espectacular concerto.

Ningún comentario: