16 de set. de 2014

EMPEZASE A NOTAR A MAN DOS NOVOS XESTORES DA CONFRARIA DE CAMBADOS

OS NOVOS INTEGRANTES DO ÓRGANO DE XESTIÓN DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CAMBADOS, APOSTAN POLA COMERCIALIZACIÓN DOS PRODUTOS DA PESCA E DERON PASOS PARA O INICIO DA EXTRACCIÓN DE VIEIRA ESTE MESMO MES
Esta confraría solicitou ao INTECMAR, órgano competente dependente da Administración Autonómica, a autorización para o comezo da extracción de vieiras de Ríaa de Arousa.
Para iso, hoxe mesmo, estanse realizando mostreos en diferentes zonas pesqueiras de ría, co obxectivo de establecer unha data de inicio da campaña de extracción garantindo a calidade do produto.
A Confraría de Pescadores de Cambados desde fai dous anos asumiu a comercialización deste produto estrela de nosa ría, a través de Porto de Cambados, S.L. empresa da que é socio maioritario e coa que veu obtendo excelentes resultados, tanto polo volume de vendas como polos beneficios económicos obtidos polos propios mariñeiros dedicados a esta modalidade de pesca. 
Porto de Cambados comercializa a Vieira baixo a certificación da marca Pesca de Rias, garantindo a calidade
e a seguridade de procedencia do produto.
As reunións mantidas por parte dos responsables da Confraría cos integrantes de diferentes sectores extractivos, evidenciaron a necesidade de realizar accións de calado tendentes a mellorar a comercialización como ferramenta para gañar mercado fronte a produtos foráneos e erradicar a comercialización fóra das canles legais.
Durante os dous últimos meses estes responsables mantiveron unha intensa axenda de reunións de traballo tanto co sector como coas administracións con competencias, co obxectivo de realizar un detallado plan estratéxico a desenvolver nos próximos anos para establecer todas as posibles melloras que posibiliten que o Sector Pesqueiro Cambades dignifique a súa actividade. Nesta liña estase traballando sobre novas canles de comercialización doutras especies.
Segundo palabras do Patrón Maior, Ruperto Costa , o obxectivo final de todas as accións é mellorar as condicións socioeconómicas do sector primario pesqueiro no ámbito da súa competencia.
Malia as condicións adversas do mar en relación á presenza este pasado verán de toxina que afectou a outros bivalvos, espérase que se poida iniciar proximamente unha nova campaña de extracción de vieira en ríaa de Arousa.

Ningún comentario: