17 de set. de 2014

“FAI DAS SUAS CREACIÓNS UNHA ESCULTURA”, DI A PRESTIXIOSA REVISTA TELVA DE EVA SOTO.

MADRID FASHION WEEK:   EVA SOTO CONDE,  PRIMAVEIRA-VERÁN 2015
A famosa revista “Telva", toda unha especialista nisto da moda, adicalle un artigo a nosa paisana máis famosa Eva Soto,  e
comeza o artido dicindo que un fío condutor tan complicado e metafórico como o recordo foi o punto de partida de Eva
Soto Conde para a súa colección Primavera- Verán. Os grandes volumes, tanto en "abombadas" saias como en esaxerados ornamentos para corpo e ombreiros, foron os grandes protagonistas, probablemente representando os "recovecos" do cerebro, órgano que alberga os recordos, ou quizá a maximización que, co tempo, sofren estes.
A rivsta di tamén que facer das súas creacións téxtiles unha escultura, esa era a pretensión de Eva Soto Conde coa súa nova colección. E conseguiuno con fartura. "teselacións",
pregues en bucle, formas que recordan a "fractais"… os volumes na súa máxima expresión, traballados ata a saciedade, foron o aceno de identidade desta moza deseñadora.
A gama cromática escolleita por Eva Soto Conde vai desde os amarelos aos grises pasando por toques azul mariño ou cereixa, non sendo o elemento máis identificativo ou aglutinador do seu novo traballo. Con todo, si que o é a súa peza fetiche, os vestidos, preferentemente na súa versión curta ou, no caso da longa, con saias fluídas que se balancean ao vento mentres que o corpo permanece preto ao corpo. 
PODES VER TODOS OS VESTIDOS QUE EVA SOTO LEVOU A MADRID, PREMENDO AQUI.





Ningún comentario: