16 de set. de 2014

LAMENTAN QUE O FISCAL XEFE DE PONTEVEDRA DESCARGUE SOBRE A INTERVENTORA DO CONCELLO A RESPONSABILIDADE DE DENUNCIAR AS IRREGULARIDADES NOS PAGOS DAS NÓMINAS

OFiscal Aladro saudando a altos cargos
do PP, entre eles Touris e Rueda.
(Foto: Pontevedra Viva)
OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS DENUNCIARÁN ANTE O XULGADO OS PAGOS DO CONCELLO POR HORAS EXTRAS
Os socialistas  de Cambados lamentan que o Fiscal Xefe de Pontevedra decidira o archivo da denuncia presentada polo seu portavoz municipal o pasado día dous de setembro do que foron conocedores hoxe mesmo.
Fátima Abal
Fátima Abal voceira municipal do PSdeG-PSOE de Cambados acudiu o pasado día dous a Fiscalía de Pontevedra para poñer no seu conocemento os continuos reparos ao pago de horas extras que cobran certos traballadores do Concello así como a existencia de contratos temporales que se renovan anualmente. Nun escrito datado o
Luisa Aragunde
pasado día 8 de setembro, o Fiscal Juan Carlos Aladro decidiu archivar a denuncia dos socialistas, “nunha rapidez desconocida dunha institución xudicial sen facer tan siquera ningunha investigación sobre o denunciado”, sinalou Fátima Abal.
Igualmente a voceira socialista calificou o decreto do Fiscal Xefe como pobre na súa argumentación
Fatima Abal
xa que reconocendo que, din textualmente, “sin duda supone una acumulación de irregularidades puestas de manifiesto por la intervención municipal” ao non ser denunciadas pola funcionaria en cuestión á fiscalía entende que non existe delito. 
En todo caso, e según contempla a lexislación vixente os socialistas de Cambados anuncian que van presentar denuncia ante ante un Xulgado de Instrucción polos mesmos feitos postos en conocemento da Fiscalía.

Ningún comentario: