18 de set. de 2014

O BNG ALARMA SOBRE A DEFICIENTE SINALIZACIÓN NA AVDA. DE GALICIA

Avda de Galicia - Cambados
NON É A PRIMEIRA VEZ QUE UN COCHE VAI EN DIRECCIÓN CONTRARIA.
O BNG de Cambados ven de presentar un escrito hoxe mesmo no que fai constar que nesta mesma semana na Avenida de Galicia, no tramo de rúa que transcorre diante do centro de saúde, un vehículo circulaba en sentido
Oa concelleiros do BNG presentando
o escrito no concello.
contrario ao permitido, á vez que diferentes peóns tentaban avisalo, con pouco éxito,  da infracción que estaba a cometer. Este tipo de  infraccións teñen a súa orixe na entrada viaria que vai desde a rotonda de diante do concello e permite acceder á rúa que circunda lateralmente á praza do concello en dirección á praza de Ramón Cabanillas e á Rúa Curros Enriquez. Que esta situación xa se ten repetido noutras ocasións, neste mesmo tramo, e case sempre por condutores que non son do noso concello e, polo tanto, son pouco coñecedores dos
Centro de Saude  - Cambados
diferentes sentidos e direccións das  rúas de Cambados. Aínda así, que un suceso como este se produza repetidas ocasión é un síntoma de que nese lugar non existe unha axeitada sinalización viaria, co consecuente perigo para condutores e peóns; situación que habería que solucionar con urxencia, polo que solicita que desde o concello de Cambados se mellore a sinalización no citado lugar ou se tomen as medidas axeitadas para que este tipo de infraccións, co consecuente perigo viario, non se volvan a repetir no futuro.

Ningún comentario: