1 de set. de 2014

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS ASISTEN ATÓNITOS AO BOCHORNOSO ESPECTÁCULO E PERDA DE PAPEIS QUE ESTÁ A PROTAGONIZAR O ALCALDE LUIS ARAGUNDE

Fatima Abal (Diario de Arousa)
FÁTIMA ABAL RECLAMA A ARAGUNDE QUE RECTIFIQUE PÚBLICAMENTE A  ACTITUDE MOSTRADA NO PLENO DO XOVES, ONDE MENTÍU SOBRE SUPOSTAS DECLARACIÓNS DA VOCEIRA SOCIALISTA VERTINDO INXURIAS SOBRE A SÚA PERSONA.
Os socialistas reclaman que o Alcalde se preocupe de reorientar a súa conducta para que Cambados deixe de ser
Luis Aragunde (Cores de
Cambados)
un exemplo de oscurantismo sinalado por todos e de verdade mostre a transparencia que todo Concello debe presentar.
Os socialistas de Cambados afirman sentirse atónitos ante a deriva nas argumentacións e declaracións que está tomando o Alcalde Luis Aragunde. Sinalan dende o PSdeG que o último Pleno municipal supuxo un punto de necesaria inflexión xa que consideran que "Aragunde está tocando
Fatima Abal (Diario de Arousa)
fondo". Refírense, principalmente, ás declaracións de Aragunde nas que acusou á voceira socialista de calificalo como "alcalde cabrón" na recente concentración dos traballadores da piscina. Abal mostrou a súa indignación porque as acusacións de
Cañete e Aragunde (Faro de
Vigo)
Aragunde "son absolutamente falsas", e afirmou que "nunca eu perderei os papeis desa maneira, e nunca basarei as miñas argumentacións en insultar ou descalificar a outros, e aínda menos en mentir para buscar desprestixiar as opinións dos demáis. Nunca foi a miña forma de comportarme e nunca o será". 
Fatima Abal (Faro de Vigo)
Segundos despois de verter semellante inxuria, e ante a mirada atónita da voceira socialista contestándolle que eso era mentira, o Alcalde  cambiou a súa versión e dixo que realmente o que profireu os insultos foi outra persoa
pero que polo feito de que esa “suposta persoa” e Fátima Abal colleron xuntos , nun momento determinado, unha pancarta, para él é como se eses insultos os fixese a propia voceira socialista.
Abal reprocha a Aragunde que faga ese tipo de declaracións, e que se perda en mentiras e
Concelleiros socialistas (Faro de
Vigo).
desvaríos, e recomendou que "para evitar eso, e para saber realmente o que pensamos os cambadeses, o que tiña que ter feito era estar na defensa dos dereitos e reivindicacións dos traballadores da piscina. Así tería defendido e axudado aos seus veciños e tamén podería escoitar o que decimos".
Os socialistas de Cambados plantexan que o Alcalde está a perder os papeis porque, cada vez con maior frecuencia, destápanse actuacións e actitudes fora de lugar e lonxe da transparencia e claridade que se lle debe esixir a un dirixente político. Así, lembran os recentes informes do Valedor do Pobo, que reafirman as
Fatima Abal (Faro de Vigo)
reclamacións dos socialistas sobre a continua vulneración dos dereitos dos concelleiros socialistas en Cambados ao negarlles o acceso á información á que legalmente teñen dereito, non contestando  ós escritos nin atendedendo ós rogos que os socialistas  lle fan en sede plenaria. Apuntan tamén á continua aprobación de asuntos de relevancia no Concello de Cambados, entre os que hai contratacións de persoal e

gastos inxustificados, en contra dos informes dos técnicos. 
Dende o PSdeG perciben un certo nerviosismo crecente no PP local e especialmente na figura de Luis Aragunde,” quen cando se ve acorralado e non sabe como defenderse, xustifícase mentindo e inventando cousas tan absurdas como as proclamadas  no Pleno do xoves”  e esixen,  ademáis, que Luis Aragunde cambie de actitude e se empece a comportar  como debe comportarse un Alcalde.


Ningún comentario: