17 de set. de 2014

QUE MAGOA QUE OS REIS DE ESPAÑA NON VIÑERAN AO COLEXIO MAGARIÑOS DE CAMBADOS

ASÍ REPARARÍAN AS GRAVES DEFICIENCIAS DESTE COLEXIO BAIXO A ANUENCIA DE LUÍS ARAGUNDE.
Como sabedes todos, os Reis  de España estiveron no colexio “Benchosei” (republicano de pro) en Pereiro de
Aguiar, no que por certo o director é un militante da CIG e exconcelleiro do BNG, para elo repararon todo o colexio, pintaron, repararon defectos, arranxaron estancias etc. Unha magoa que os reis de España non viñeran ao Colexio Magariños de Cambados e así podiamos cortar a maleza que invade as “casas dos profesores” nas que non vive
ninguén e están practicamente abandonadas e sen uso, arranxarían o lugar (si se pode chamar dalgunha forma) onde os rapaces fan deporte, onde chove padecen frío e que o noso alcalde lle chama “Pavillón, tamén se repararían as pingueiras que sofren os nenos dentro das aulas, se pintarían as aulas, etc etc. O dito unha magoa que os reis non viñeran ao Colexio Magariños de Cambados.

Ningún comentario: