1 de set. de 2014

QUEN CARALLO PROGRAMA OS ACTOS DE CAMBADOS?

A puta ignorancia ou o non saber facer as cousas  así é o concello de Cambados.
Cambados acolle esta tarde noite dous eventos culturais de primeiro nivel. Ás 20, 30 horas, a pianista
xaponesa Mine Kawakami dará un concerto no auditorio da Xuventude
(entrada gratuita) no marco das actividades do Ano Dual España-Xapón. E ás 21 horas o grupo de teatro Vale Innova levará a cabo un recital de poesía dunha veintena de autores nas ruínas de Santa Mariña. Parte do espectáculo farase xunto ás tumbas dun fillo e a muller de Ramón María do Val Inclán. A xornada complétase
en Cambados cunha demostración de taekwondo infantil e de gimnasia rítmica, a partir das 19,30 horas, na horta do pazo de Torrado.
E agora con que me quedo, si quero ver todo?.
COMENTARIO RECOLLIDO ONTE INTEGRAMENTE DE CORES DE CAMBADOS 

Nota do administrador.- Duro, pero atinado comentario de Cores de Cambados, que por certo non é a primeira vez que pasa. Non se pode , nin se debe contraprogramar ún asimesmo.

Ningún comentario: