18 de set. de 2014

ROUBARON NA MESMA NOITE NO XULGADO DE INSTRUCIÓN NO XULGADO COMARCAL E NO CONCELLO DE CAMBADOS.

Concello de Cambados
OS "CACOS" SAÍAN DO DEPOSITO MUNICIPAL DE NOITE E VOLVÍAN A ENTRAR.
Dous detidos que estaban no calabozo do antigo Concello de Cambados  na mesma noite roubaron no Xulgado de Instrución, no Xulgado Comarcal e no Concello de Cambados. Estes tres estamentos no ano 70, data na que ocorreron os feitos, estaba no actual Concello de Cambados e foron “comicamente" asaltados por dúas persoas que estaban detidas no propio calabozo do Concello de Cambados.  O que nos conta a nova en “Fotos de Cambados” é o amigo Joaquin Aguiño (que daquela traballaba no Xulgado de Cambados) que definía así a
Un concello con moitas historias
nova: 
"Esta noticia, ten unha pequena historia. Alá polo ano 70 e tantos, remodelouse o interior de de o Concello, nas celas de detidos deixaron as portas coas visagras para o interior e estes artistas, sacaban o pasador e retiraban a porta, sacaban a "tranca" interior da porta principal e saían ao exterior a facer das súas, regresaban, pechaban a porta principal, encerrábanse e colocaban novamente a porta e así estiveron varios días, ata que roubaron no Xulgado de Instrución, de onde outras cousas leváronse un moedeiro dun compañeiro, que contiña un anaco grande de uña, o cal caeulles ao chan e ao ir darlle o almorzo, a Policía decatouse diso e por iso descubríronos, senón aínda hoxe......."
Non nos digades que  Berlanga non  podia facer perfectamente unha pelicula sobre os feitos.

Ningún comentario: