16 de set. de 2014

UNHA EXPOSICIÓN DE PRIMEIRA………….COMUNIÓN.

TODO UN ÉXITO   A EXPOSICIÓN NO BAR “A DE LUPE”.
Xa vos contaramos que no Bar “A de Lupe” íase facer unha exposición moi especial, e a verdade que foi todo un éxito, preto de 60 fotos de clientes do Bar presentaron as súas
Dominguez
poses no día da súa primeira comunión,  nelas podes ver a industriais, avogados, médicos, funcionarios, banqueiros, mestres, ex-alcaldes, cociñeiros, pintores, mariñeiros, músicos etc. Podemos ver casos curiosos como un  famoso pintor posando na proa dun iate, clases de todas traxes, xente que hoxe en día pasa dos
Yayo Daporta
90 anos, en fin toda unha serie de fotos dignas de ver en vivo e en directo. Non falta quen na foto da primeira comunión de Dominguez o confunde co seu fillo Alberto, ou a cariña de bo rapaz que tiña o xa famoso e televisivo cociñeiro Yayo Daporta. Aconsellamos que pasedes polo Bar “A de Lupe” a ver esta exposición  de “Primeira”.










Ningún comentario: