19 de set. de 2014

UNHA NOALLESA FOI A AGRACIADA POLO PREMIO DAS RIFAS DE XIRONSA

Alejandro Carro, directivo da Xironsa
entregándolle o premio a Marita.
MARITA DOMINGUEZ OTERO, A AFORTUNADA GAÑADORA
Despois da excelente festa  de Xironsa
que tivo lugar o 30 de Agosto no campo da Seca de Corvillón, despois de darlle os parabéns
a directiva  de Xironsa e a todos os seus membros que traballaron de arreo para que a festa fora un éxito rotundo , e de obrigado cumprimento dar a coñecer a gañadora do excelente premio que se sorteaba nas rifas vendidas por todos os “Xironsos”, e esa afortunada non foi outra que a noallesa MARITA DOMINGUEZ OTERO. Ela foi a agraciada do sorteo que consiste  nunha fin de semana para dúas persoas no Balneario Hesperia da Toxa.  Para que vexadas que o que sortea Xironsa sempre toca. Os nosos parabéns a Marita… e para o ano mais.

Ningún comentario: