13 de out. de 2014

A CIENTIFICA CAMBADESA RESPOSTOU AS NOSAS PREGUNTAS.

PILAR CHANTADA VAZQUEZ: “ESPERO QUE O MEU FUTURO SEXA EN ESPAÑA, PERO NON DESCARTO IRME A OUTRO PAIS”. 
O outro día vimos a nova no blog amigo “ALZA LA VOZ CAMBADOS” da cientifica cambadesa que
descubriu un novo métdo para a detección de cocaina, puxemonos en contacto con ela mediante facebook para que nos respostara algunhas preguntas. Pilar saltou a fama os seus 24 anos como estudante do máster de quimica avanzada e o estudo da súa autoria foi coa colabaración dos seus profesores e o
estudante de doctorado Juan Sanchez González.
- ATI MEU CAMBADOS.- Para que situen os cambadeses que non temos a sorte de coñecerte, de que parte de Cambados eres e onde cursaches os estudos de primera e secundaria?.
- PILAR CHANTADA.- Pois meu pai e de Oubiña mentras que miña nai e de Corbillon, vivin de pequena en Oubiña e os 10 anos viñen para Corvillon donde vivo actualmente. Estudei primaria no San Bartolomeu, fixen sexto no Magariños e a Eso e bacharelato no Ramon Cabanillas e a carreira e o master fixenos en Santiago de Compostela.
-A.T.M.C.- Para os profanos na materia, e en linguaxe vulgar
podianos describir en que está basado o proxecto.
-P.CH..- Consiste na sintese dun nanomaterial fluorescente, dita fluorescencia varia segun a cantidade de cocaina que se encontre na orina. É un analise rapido e moi economico para un previo analise.
-A.T.M.C.- Entendemos que este é un traballo en equipo polo que lemos na nova, estás en agún proxecto ti en solitario ou ainda é cedo.
-P.CH.- : É un grupo de investigacion e ainda ai moito camiño por facer ata poder ser utilizado en controis de estradas. Este tan so é o estudo preliminar.
-A.T.M.C.- Onde ves o teu futuro como cientifica en España, ou noutro pais?
-P.CH.- Pois espero que sexa en España pero non descartaria irme a outro pais.
Moitas Grazas a esta cientifica en ciernes Pilar Chantada Vázquez, a cal lle desexamos moitos éxitos e moito sorte.





Ningún comentario: