16 de out. de 2014

CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE CASTRELO

O VINDEIRO VENRES ÁS 21 HORAS NO AUDITORIO CAMBADÉS.
Co gallo da reapertura do novo curso academico do Conservatorio e Escola de Música Municipal , terá lugar o
vindeiro venres as 21 horas un concerto da Banda Música de Castrelo no auditorio da Xunventude de Cambados. 
O Concello adxudicou á empresa Artarousa S.L. a xestión do Conservatorio e a Escola de Música de Cambados por un prezo de 170.000 euros. Trátase da mesma firma que viña levando o servizo desde fai un par de anos, cando o
Concello decidiu privatizalo en aras de aforrar diñeiro ás arcas municipais, a empresa en cuestión é de Cambados concretamente con domicilio social en Castrelo e da que é administradora única a coñecida saxofonista e membro tamén da Banda de Música de Castrelo Modesta Padin.

Ningún comentario: