15 de out. de 2014

LUIS ARAGUNDE: “O ÚNICO QUE EXISTE SOBRE ESTE ASUNTO (POKEMON) É QUE UN TÉCNICO MUNICIPAL RECOÑECEU QUE ENVIARA UN CORREO ELECTRONICO A AQUAGEST A TITULO PERSONAL”.

CONTESTA  ASI ARAGUNDE AS GRAVISIMAS ACUSACIÓNS DE VICTOR CAAMAÑO, QUEN  HOXE MESMO  ACUSA A ALGÚNS FUNCIONARIOS DO CONCELLO DE CAMBADOS DE FACER POLITICA A PROL DO PP.
O 11 de outubro pasado este blog publicaba íntegramente unha nota de prensa do portavoz do BNG Victor Caamaño
no que lembremos facia unhas gravísimas acusacións ao concello de Cambados e por ende o seu Alcalde Luis Aragunde, Victor chegaba a dicir nese comunicado entre outras cousas que: 
-“que determinados funcionarios do
concello desempeñaban un papel político nesta administración local que é inadmisible e está fora de lugar.”
- “Así mesmo, o BNG sempre denunciou, baseándose en feitos como o descrito, que o PP utilizou, tradicionalmente, o concello como se fora a súa sede
política, ou mellor dito, a súa empresa privada. Sempre tentou transmitir a veciños e veciñas que concello de Cambados e PP eran o mesmo. No concello se  solucionan problemas dependendo quen sexas e se contrata a xente afín ao  partido; e para mostra, este caso. É dicir: para sobrevivir, vota PP.”
Hoxe na edición dixital de Faro de Vigo o alcalde referise ao tema decindo que
“este concello non ten nada que ocultar ás actuacións xudiciais da operación Pokemón”.  Engadía Luis Aragunde: “Non existe acusación, imputación, nin sequera indicios que permitan
relacionar a políticos ou departamentes municipais con dilixencias que  se realizan soibre este caso”. Remata decindo o noso alcalde “o único que existe sobre
este asunto é que un técnico municipal recoñeceu que enviara un correo electronico a Aquagest a titulo personal” , para terminar apostillando “practicas que nin siquera chegaron a facerse”. 
Cando menos podemos de calificar de pobre  a resposta de
Luis Aragunde  a Victor Caamaño perante  tan gravísimas acusacións,  e dende logo sembrando a dúbida inxustamente  sobre todos os técnicos municipais do Concello, pois nos quedamos sen saber  sobre é o autor
do correo e sobre todo se o fixo  cun correo institucional ou privado, que seria moi distinto. 
O BNG, INSISTE: "CANDO UN FUNCIONARIO MUNICIPAL FAI UNHA PETICIÓN EN HORARIO DO CONCELLO, NUN ORDENADOR DO CONCELLO, SOBRE UN
TRABALLADOR DO CONCELLO E CUNHA EMPRESA VINCULADA AO CONCELLO POR 25 ANOS,
RESULTA INADMISIBLE CONSIDERALO UNHA PETICIÓN A TÍTULO PERSOAL."
Hoxe mesmo o BNG, volve a contradicir a Aragunde cunha nota  moi dura para o Alcalde
e algúns funcionarios do Concello a nota íntegra di o seguinte: 
“””PPokemon: aclaracións
En relación á resposta negativa da Alcaldía para crear unha Comisión de Investigación que aclare a vinculación do goberno municipal do PP coa
investigación xudicial Pokemon, o BNG  puntualiza varias cuestións:
1.-  A vinculación do PP, no concello de Cambados,  coa operación Pokemon non é un invento do BNG, senón que é froito dunha operación xudicial de Vixilancia Aduaneira que  interveu os ordenadores da empresa “Aquagest” e encontrou
información (correos electrónicos) sobre prácticas de enchufismo e recomendación que vinculan á mencionada empresa co concello de Cambados.  Está é  realidade ata o momento.
2.- A petición do BNG, para a creación da Comisión de Investigación, tiña como un dos obxectivos aportar imparcialidade na
aclaración deste caso, polo que consideramos que  as aclaracións efectuadas pola alcaldía carecen da mínima imparcialidade para ser tidas en conta. Neste punto é onde o PP debería dar exemplo, pois posúe un gran número de
representantes políticos involucrados en casos de corrupción e non fai nada para demostrar a mínima transparencia que tranquilice á cidadanía, potenciando coa actual  actitude o
descrédito xeral dos representantes políticos.
3.- Cando un funcionario municipal fai unha petición en horario do concello, nun ordenador do concello, sobre un traballador do concello e cunha empresa vinculada ao concello por 25 anos,  resulta
inadmisible consideralo unha petición a título persoal (como se afirma no escrito de resposta dada ao BNG). Ademais deber quedar claro que no concello de Cambados hai certos  empregados con atribucións políticas que transcenden, de xeito inadmisible,
ás súas competencias técnicas de traballador do concello. Por certo, isto non é ningunha sorpresa pois somos coñecedores de que algúns traballadores municipais reciben moitas máis retribucións económicas ca outros sen que, ata o de agora, se aclararan os criterios da razón pola que ocorren estas cousas. Por iso o  BNG esixe saber quen foi o funcionario que fixo a citada petición.
4.- Os representantes do BNG, como concelleiros municipais, posúen dereitos e deberes, e entre eses dereitos está o de dispoñer da información das cuestións que ocorren na xestión do concello para o que foron elixidos democraticamente. Aínda que semella que para o PP, os nosos dereitos como representantes municipais pasan, exclusivamente, por poder presentarnos ás eleccións cada catro anos.
5.- O BNG é sabedor de que cada frase do PP nos medios de comunicación está
perfectamente estudada para crear o seu efecto sobre a cidadanía. Así que cando o alcalde  pide que o BNG deixe de vincular a Cambados coa Pokemon, o que realmente está a ocultar é que o PP de Cambados está vinculado xudicialmente coa  Pokemon.
Levamos uns anos de crise e  semella que aínda quedan outros por vir; uns anos vinculados co
descrédito de moitos representantes políticos ligados a casos de corrupción.  Vai sendo hora de que as cousas empecen a cambiar e se comece a aplicar transparencia e honestidade nos representantes políticos das diferentes administracións e, sobre todo, é hora de que o PP, partido no goberno, comece a implantar  nova e verdadeira lexislación contra a  corrupción para que esta non se converta nunha norma de actuación. Tristemente, ata o de agora, o PP non fixo nada para que as cousas cambien neste aspecto, máis ben, só se preocupou de  perpetuarse no poder para que as cousas sigan iguais.”””

FOTOS: DIARIO DE AROUSA, FARO DE VIGO E GOOGLE.


Ningún comentario: