14 de out. de 2014

NUBARRÓNS MOI NEGROS SOBRE A PISCINA DE CAMBADOS

O GRAN PROBLEMA SEGUNDO OS EXPERTOS E SÚA PÉSIMA CONSTRUCIÓN.
O que fora no seu tempo toda unha innovación e unha marabilla, e que coidamos que só se abriu unha vez, e que
fora o famoso teito flexible da piscina, hoxe pasa a ser o mais grande problema da piscina municipal de Cambados. O gran custo enerxético que ocasiona esa cúpula de "plástico transparente" e todo un cúmulo de
problemas.
As empresas que se adican o tema non ven negocio o facerse cargo da piscina porque o realizar as contas resulta que se o Ximnasio Pazos pagándolle o 100% do custo enerxético resultou inviable sendo os grandes prexudicados os traballadores, se
o concello só se fai cargo da metade do custo enerxético, obviamente a súa redutibilidade é totalmente negativa. Polo que ningunha presentou oferta e menos por un prazo tan longo como o se exixia de dez anos. O Concello en vista do fracaso estrepitoso  terá que redactar unhas novas
bases que serán publicadas proximamente.
Varios usuarios estanse a queixar do mal funcionamento das instalacións, ollo non dos traballadores, que pese a estar sen cobrar seguen a facer o seu traballo cunha profesionalidade encomiable e son os grandes prexudicados neste asunto. Mentres non se resolve o recurso e tal como informou xa este blog unha empresa estase a facer cargo temporalmente da xestión da piscina.

Ningún comentario: