25 de nov. de 2014

A CAMBADOS NON CHEGOU O TREN, A GALIZA TAMPOUCO.

UN ARTIGO DE XAN GALBAN
De sempre levo escoitado que fundamentalmente o atraso económico
na vila da Capital do antiguo rexíme feudal da comarca do Salnés fora que os Nobres de Cambados se xuntaran para
influír nas altas instáncias do Estado do Século XIX para que nunca chegara o tren por que dividían e perdían terras das súas propiedades amais traería comsigo o progreso xunto coas novas ideas vangardistas da Europa. Eles polo que parece gañaron a partida conservando intactas todas as propiedades que só no centro acaparaban case todo o terreno urbanizable cos seus Pazos e o que implica de hortas,-o antigo Sanxenxo nos chaman-,non hai casa nobiliaria con releváncia no país que non tivera Pazo de veraneo en Cambados.Conservamos unha vila bonita pero perdimos o tren do futuro que gañou
alomenos Vilagarcía. Pero cantas veces imos perder o tren? agora non son os Nobles quen diciden senon os fillos dunha burguesía descastada do país que se aproveitou das institucións creadas na alborada da transición para non faceres mais nada que propaganda e amiguismo aos Concellos fieis dándolles aquí un polígono industrial,alá un Polideportivo acolá-en Ourense- un tanatorio,deixando a Galiza desestructurada mais do que xa estaba co franquísmo.Desto último veñen estos lodos,por iso seguímos confiando neles,mentras que en Euskadi e Cataluña,nacións gobernadas de seu o avance é espectacular,pero eles se queren,mímanse,coidan a língua própia,non teñen complexos,aman cada recuncho da terra e non caen cos sóns de sereias axitados coma axouxeres de
cando en vez dende o poder de Madrid.Seguimos na mesma,escoitase que Barcelona pode compartir cocapitalidade coa meseta,fálase de que o Senado podería ires para Barcelona afortalando o eixo Castela-Aragón,mañá será o eixo Madrid-Lisboa e pasado o corredor mediterraneo,namentras o eixo atlántico,a rexión noratlántica que abrangue Galiza e grande parte do Cantábrico-Norte de Portugal-metidiños na esquina esperando subvencións europeias,mentras o Presidente.ausente de Nuñez Feixoo"es amigo del Presidente gallego español" mesmo o pode sustituir,eu xa hai anos que decidín nunca ser YO,ala a despotricar contra Cataluña.
UN ARTIGO DE XAN GALBAN










Fotos: Faro de Vigo e A TI MEU CAMBADOS.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Ningún comentario: