11 de dec. de 2014

DESÁTASE A "GUERRA DO ÁRBORES DE NADAL EN CAMBADOS

COMERCIANTES DE FEFIÑANS  PIDEN TAMÉN UNHA ÁRBORE PARA A PRAZA DE FEFIÑANS.
As primeiras queixas dos comerciantes cambadeses destapounas Cores de Cambados quen decian  que non é
de recibo que nun tramo de 50 metros haxa varios arcos de luces e noutras ruas con comercios non se colocase ningún. A avenida de Madrid, por exemplo, carece de iluminación a pesares de que nesa rúa hai varios establecementos e contrasta coa rúa Real naque se aglutinan varios arcos. Consideran ademáis que o gasto que supón ter duas árbores xigantes, "con unha sería suficiente"segundo estes comerciantes, en menos de 50 metros, poderíanse ter colocado máis arcos noutras zonas con comercios e que nestes intres carecen de iluminación do Nadal.
Hoxe mesmo Faro de Vigo di  que se vai colocar outro en Santo Tome, perante desta perpestiva varios comerciantes da Zona de Fefiñans xa fixeron tamén patentes as súas queias nas redes sociais e piden unha árbore para Fefiñans, pois aparte de ser a zona comercial mais activa de Cambados e de onde sae a Cabalta de Reis.  A ver si Aragunde tamén lle cumpre os intereses aos comerciantes de Fefiñans.
Cartos para becas e libros non haberá pero para árbores de Nadal , seguro.
Fotos: Faro de Vigo e Cores de Cambados.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: