10 de dec. de 2014

EN MENOS DUNHA HORA ESGÓTANSE AS INVITACIÓNS PARA VER A TREIXADURA.

Dado a importancia da agrupación, os éxitos obtidos e que gusta por igual a maiores e mozos, en menos  dunha hora esgotáronse as invitación para ver
o vindeiro sábado a Treixadura. O aforo do Auditorio de Ribadumia é de 346 localidades agás cadeiras supletorias,
as entradas-invitacións voaron nun intre, polo que moitas persoas van quedar sen ver a esta fenomenal  atracción  de música tradicional. A organización puxera dous días  para recoller as invitacións, pero con pouco menos dunha hora chegou de sobra para repartir as invitacións, polo que o cheo o sábado está asegurado. Lembremos que este sábado Treixadura fai a presentación oficiosa do seu derradeiro disco "Vendima tarda", co gallo do seu 25 aniversario como grupo.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: