27 de dec. de 2014

FATIMA ABAL, UNHA CANDIDATA EN ALZA QUE ABRE A PORTADO DO LOCAL DO PSOE AOS CAMBADESES O VINDEIRO DOUS DE XANEIRO

A “FUTURA ALCALDESA DE CAMBADOS” RECIBE O APOIO TOTAL DE PEDRO SANCHEZ, SECRETARIO XERAL DO PSOE
Dende que se coñeceu a súa candidatura a Alcaldía de Cambados, Fatima Abal non fai
mais que recibir apoios de moita xente de Cambados, ademais dos seus compañeiros de partido. Fatima e unha
loitadora tenaz e non lle importa presentar denuncias contra un Luis Aragunde desnortado, si é polo ben de dos cambadeses. Fatima está en todas partes a ultima lección social que nos dou aos cambadeses foi recaudar moitos
quilos de alimentos para os cambadeses que pasan necesidades. A Fatima Abal podemoslle decir o que queiramos,  o que innegable e a súa capacidade de traballo polo ben do seu pobo. O día dous de xaneiro as 9 da noite Fátima abre as portas do local do seu partido, sito na Rua Borrón Nº 11-
1º que o mesmo que dicir que abre o seu corazon aos cambadeses de ben que queiran falar con ela.  
Falando de apoios, o derradeiro recibido por Fatima Abal non é outro que o de o seu Secretario Xeral o famoso Pedro Sanchez nunha carta que polo seu interese reproducimos de seguido: 
"""Estimada compañeira, querida amiga Fátima, 
Fai uns días tiven coñecemento de que o día 2 celebras un acto con compañeiros e veciños de Cambados para celebrar o ano novo e debater sobre os retos que tedes
para este ano. Aínda que por motivos de Axenda é imposible asistir ao voso acto, con estas liñas quero participar convosco e enviarvos un abrazo aos compañeiros e compañeiras da Agrupación Socialista.
Tamén desexo trasladarche a ti, como futura Alcaldesa de Cambados, todo o meu apoio así como o da Comisión Executiva Federal. 
Neste ano electoral quero poñer en
valor o traballo que viñestes realizando en cada Agrupación do partido. Fai máis de 135 anos Pablo Iglesias fundou o PSOE nun pequeno bar do centro de Madrid, a Casa Labra. 
Tardamos 12 anos en gañar o noso primeiro concelleiro, tardamos 30 anos en contar co noso primeiro deputado no Congreso. Pero xa para entón puxemos en marcha unha
rede de Casas do Pobo en toda España na que miles de compañeiros ofreceron alfabetización a quen non podían acceder á educación pública, saúde a quen non tiñan médico e axuda a quen non tiñan servizos sociais. O que hoxe é unha realidade, o Estado do Benestar, imaxinárono os nosos compañeiros nas
Agrupaciones, porque nas nosas sedes os socialistas sempre anticipamos o futuro e o noso traballo de proximidade é a mellor tarxeta de presentación. 
Sei que coñecedes, ás veces personalmente, a difícil situación que atravesa o noso país como consecuencia dunha crise económica agravada pola política profundamente antisocial do PP. Por iso, quérovos agradecer o esforzo que cada día facedes para levar aos nosos veciños, familiares e amigos a mensaxe de que é posible facer outra cousa. Para moita xente, esa convicción nosa, é a única alternativa ante a resignación e a desesperanza. 
O noso traballo, é un esforzo realizado día a día por axudar a persoas que teñen nome e apelidos, e que desde o ámbito do local faise máis humano, máis próximo e posible. Sábeo ben o compañeiro Domingo Tabuyo, o noso candidato nos últimos anos, sóuboo tamén Rafael Branco, Rafa, a cuxa familia quero mandar un abrazo moi forte e o meu agradecimiento como Secretario Xeral. 
Estou convencido de que o voso traballo, e a túa tarefa como Secretaria Xeral e Portavoz vai dar os seus froitos e que en mayo, Cambados, vai contar a súa primeira Alcaldesa socialista. 
Conto cos compañeiros e compañeiras de Cambados, contade vós comigo. 
Un forte abrazo. 
Pedro Sánchez Pérez-Castejón 
Secretario Xeral 
Madrid, 22 de decembro de 2014""" 





FOTOS: CAMBADOS TK, FARO DE VIGO E DIARIO DE AROUSA.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: