13 de dec. de 2014

FEITO GRAVÍSIMO: EN PLENO ASCENSO DO PARO EN CAMBADOS O CONCELLO PERDE CATRO POSTOS DE TRABALLO EVENTUAIS

SEGUNDO DENUNCIA O BLOG ALZA LA VOZ CAMBADOS.
Antes de onte o blog ALZA LA VOZ CAMBADOS  denunciaba “ A desidia municipal fai que se perdan catro
becas en Cambados” e continuaba dicindo: “Un novo caso de desidia no Concello. Un cambadés púxose con esta páxina web para denunciar que o
consistorio perdeu fai apenas uns días a oportunidade de contratar a catro becarios pagos pola Deputación de Pontevedra. Un veciño do noso municipio púxose en contacto con responsables do consistorio en canto saíu a noticia de que se abría a posibilidade aos consistorios de solicitar este tipo de postos de traballo adecuados para
persoas sen experiencia laboral, os mozos máis castigados polo drama do paro e a crise económica. No Concello confirmáronlle que se ían a sacar as prazas pero a sorpresa chegou
despois. Fai días a web da deputación reflexa como o Concello de Cambados perdeu a posibilidade de contar con catro becarios por presentar os papeis fóra de prazo, algo inadmisible para un funcionario público.
“Os traballadores do concello teñen o seu posto asegurado e impórtalles máis ben pouco o poder axudar aos seus cidadáns con carreira universitaria e sen experiencia laboral”, lamenta
este afectado en conversación con esta web.”
Si examinamos detidamente a nova podemos sinalar  que estamos perante un feito gravísimo e irreparábel, polas seguintes circunstancias:
1º.- Segundo reflicta a nova,  persoal do concello de Cambados era coñecedor de que sairán a concurso as devanditas prazas.
2º.- O alcalde de Cambados dispón de seis
asesores persoais  contratados a dedo e a maiores do persoal habitual do concello que lle constan unha cantidade económica desorbitada mensualmente  os contribuíntes.
3º.- Aparte do Secretario do concello, o Alcalde dispón de dúas persoas expresamente para o seu servizo persoal, así como o
Secretario que tamén  dispón de outras dúas para o seu servizo.
Deducimos que de todo este persoal  que debe estar ao servizo dos cidadáns ninguén fixo nada para que eses catro postos de traballo redundaran  en beneficio do noso concello?. Segundo nos conta Alza la Voz Cambados,  aparte de ser unha desidia non deixa de ser un abandono de
funcións que é algo moitísimo mais grave. 
O s cambadeses debemos de esixir, como fixo o veciño en cuestión, primeiro que estas “burradas”  sexan de xeral coñecemento da opinión pública e segundo debemos de tomar boa nota de las en vindeiros comicios. E en especial os partidos políticos da oposición son os que deben denunciar estas cousas e pedir as responsabilidades correspondentes.
Fotos: Concello de Cambados, lariadearosa, Faro de Vigo e A TI MEU CAMBADOS.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: