26 de dec. de 2014

MANSO E AMIGOS, PRESENTAN O SEU NOVO DISCO : “A TI MEU CAMBADOS”.

TITULO QUE LLE DA O TEMA DO MESMO NOME  QUE VEU A LUZ NO ALBARIÑO DO 2012.
Monchiño Vieites, José Antonio Vilas, Olegario, Manso, Xoan Silva, Blas
Dominguez e Esteban Batallan, conforman na actualidade o grupo Manso e Emigos, os cales o vindeiro 4 de Xaneiro sobre as 19 horas van presentar o seu derradeiro disco  que
leva por titulo “A TI MEU CAMBADOS” Será no auditorio da nosa vila o vindeiro domingo catro de xaneiro ás 19 horas. 
De seguro que neste disco estárá a peza "A ti Meu Cambados", que leva música do cambadés Gonzalo González e os arranxos son a cargo de "Manso e amigos",
tamén estará seguramente  "Amante Albariño" e inclúe versos de Ramón Cabanillas, Emilio Álvarez Blázquez e Álvaro Cunqueiro, e coa música de "Manso" e Arturo Gulías. Imos ter que coller o tema como "himno oficial" desta páxina.
Tanto unha como outra canción viron  a luz diante do público durante a gala de elección da raíña e as damas de
Xan e Blas
honra da "LX Festa do Albarino", que tibo lugar  o día 29 de xullo do 2012. No transcurso desta actuación, o grupo "Manso e amigos" foron acompañados musicalmente polo trompeta solista da Orquestra Sinfónica de Granada, Esteban Batallán, que xa forma parte tamén do grupo.
A canción titulada "A ti meu Cambados" conta cun refrán que coincide coa dedicatoria incluída no libro de Ramón Cabanillas "Vento Mareiro" de 1915 e escrito na Habana: "A
Caricatura de Domingez do grupo.
ti meu Cambados, probe, fidalgo e soñador, que ó cantareiro són dous pinales i ó agarimo dous teus pazos lexendarios, dormes deitado ó sol, á veira do mar".
Por outra banda, a canción "Amante Albariño" contén versos moi populares de Álvarez Blázquez “da xeración de poetas do 36”: "Fumos ó viño Albariño,/ fror dá terra vendimada/
como quen vai de camiño/ e quedamos de pousada". Como tamén se parecían estrofas do poeta Ramón Cabanillas de novo: "Albariño ouro dá terra/ sol que encendes vos amores/ alumeas corredoiras/ e fas esquecer doures..." 
Outras estrofas corresponden ao de Álvaro Cunqueiro “o que foi escritor polifacético, e a súa extensa obra literaria abarca os campos xornalístico, poético, narrativo e teatral, así como
Roi e Anxo Xesteira.
traballos de tradución”: "Ven, ven ven amante albariño, ven ven ven ó meu lado, ven ven, ven delicioso albariño, ven ven, ven meu amigo".
Nun dos temas adicados a Cambados colaboran Roi e Anxo Xesteira, dous dos xóvenes músicos con mais talento de Galicia.
No ano 2007 xa gravaran “daquela maneira” un disco Manso e Amigos, ainda non estaban con eles nin Olegario nin Batallán.
Aquí vos deixamos a gravación de “A TI MEU CAMBADOS”


Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: