11 de dec. de 2014

MOVEMENTO GALEGO AO SOCIALISMO CELEBRA A SÚA SEGUNDA ASEMBLEA EN PONTEVEDRA.

O día 13 de decembro ás 19 horas, no Pazo da Cultura de Pontevedra o MGS celebra a súa 2ª Asemblea Nacional sob o lema "CONSTRUIR E AVANZAR. Galiza independente e futuro socialista".
Ao remate desta xornada en que se actualizará a proposta política para os vindeiros anos e se definirá o programa
político da organización terá lugar un ACTO DE CLAUSURA ABERTO en que gostarían de contar con aquelas persoas que partillen con eles as arelas dun futuro libre da nosa nación e o combate ao depredador capitalismo que afoga aos pobos e ás persoas. 

Comezará ás 7 da tarde conducido por membros do MGS, que presentarán as resolucións políticas e as principais iiñas de traballo dunha organización estratéxica como a deles.

Ademais haberá intervencións de delegacións convidadas como a do Portavoz Nacional do BNG, e tamén de delegacións internacionais, como Sortu por Euskal Herria ou a delegación catalá.

Tamén contaran coa intervención musical de Habelas Hainas.

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: