22 de dec. de 2014

O CONCELLO DE CAMBADOS DEIXOU NUN ESTADO LAMENTABLE O CARRO MARIÑEIRO DO MUSEO DO PESCADOR.

DENDE O GOBERNO DE LUIS ARAGUNDE O DETERIORO DO CARRO FOI MANIFESTO.
No ano 2005, en plena época de vacas gordas, concretamente coincidindo coa Festa da Valbanera,
inaugurábase o Museo do pescador na vila mariñeira de Santo Tome do Mar, alí estaba o PP en pleno incluído xa Benito Pelea que dera o xiro de nacionalista a conservador. A antiga Casa Jovita foi reformada na súa
2009
totalidade para deixar constancia do modo de vida dos pescadores da zona, dos seus hábitos e costumes e das súas vivendas. Tamén dispoñía de información sobre as especies capturadas e o marisqueo. Ofrece información interactiva a través de terminaís táctiles,
2012
visualización de contidos a través das pantallas de plasma e proxección de contidos desde o teito ata o chan. Na actualidade está pechado. 
Ese museo constaba dun “carro mariñeiro” que se usaba antigamente para transportar os aparellos, carro que especialmente dende o goberno
2013
de Luís Aragunde foi abandonado a súa sorte e hoxe quedan uns cachiños. Polo menos o concello e a directora de museos que aquí tamén ten bastante responsabilidade deberían retirar  os restos de carro por vergoña propia. O que non eliminou Luís Aragunde son os empregados

municipais todos enchufados do PP que contratou para os museos que fan de todo, incluíndo traballar en actividades do partido, menos o seu traballo no museo.
Fotos: Faro de Vigo e A TI MEU CAMBADOS.

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI 

Ningún comentario: