20 de dec. de 2014

O CONCELLO DE CAMBADOS NA NOVA RPT SÚBELLE O SOLDO AOS CARGOS DE CONFIANZA (ENCHUFADOS)

O PSOE VOLVELLE A SACAR AS CORES A LUIS ARAGUNDE.
No pasado pleno varias  preguntas
súmaronse ás mocións rexistradas para a ampliación do hospital do Salnés, e para o correcto etiquetado do mexillón.
Así, o grupo encabezado por Fátima Abal aproveitou o pleno do pasado xoves 18 para preguntar por varias cuestións de actualidade, entre elas a nova e polémica relación de postos de traballo do concello, que foi sometida a
votación no propio pleno e aprobada só polo grupo popular, e na cal se lle suben o soldo aos cargos de confianza do alcalde mentres que se lles baixa a moitos outros operarios, pretendendo dar así lexitimidade aos sobresoldos que de forma irregular se veñen aboando dende fai anos.
Os socialistas tamén preguntaron pola situación de interinidade de varios policías locais. Segundo explicou Fátima Abal: “o Concello nomeou interinos para cubrir temporalmente uns postos vacantes, mentres se resolvía o proceso selectivo para cubrir
definitivamente estes postos. Sen embargo, foi pasando o tempo e a situación non variou en absoluto, xa que o proceso está paralizado dende fai máis de 7 anos. Unha vez máis, a inactividade dun concello sen iniciativa e que se mostra incapaz de facer as cousas ben, en tempo
e forma, leva a que estes empregados públicos vivan nunha situación de incertidume durante un prazo intolerable de tempo. Os socialistas queren que se busque una solución para que estes traballadores poidan ser regularizados e integrados na plantilla”
Outras cuestións que tamén abordaron os socialistas teñen que ver coa enorme demora na reparación
da conexión a internet da biblioteca municipal, que por mor dunha avería estivo máis dun mes sen dispoñer dun servizo tan fundamental hoxe en día. Tamén preguntaron pola falta de limpeza nas rúas de Cambados, algo que por desgraza é habitual dende fai moito tempo e que dana tan seriamente a imaxe dunha vila que ten no turismo un dos motores da súa economía. Ademáis, tamén farán varias preguntas relativas ao transformador eléctrico que se sitúa na rúa os Pazos, nun terreo de titularidade municipal e moi próximo ás vivendas. 
Como sempre Luis Aragude amosándonos unha vez mais a súa incompetencia contestou con monosilabos.
FOTOS: A VOZ DE GALICIA, PROTECCIÓN CIVIL CAMBADOS, FACEBOOK E FARO DE VIGO.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI 

Ningún comentario: