10 de dec. de 2014

VOLANDEIRA CELEBRA A SÚA VII GALA DO NADAL

NA QUE PARTICIPAN TAMÉN ARMONIA DA ILLA E BULIDEIRAS DE FONTECARMOA.
O vindeiro 21 de decembro a partir das 19.00 horas no Auditorio de Cambados terá lugar a VII Gala de Nadal,
organizada pola Asociación Obradeiro Volandeira, na que amosaran os seus progresos as distintas seccións da Asociación.
Pero este ano como novidade estarán como envitadas a Asociación Cultural Músical Armonia da Illa de Arousa e Bulideiras de Fontecarmoa.
Armonia é unha asociación da Illa con mais de 25 anos de vida e que naceron primordialmente como comparsa no Entroido, pero que logo se transformaron en asociación e participan en distintos festivais que se celebran a longo da comarca. E únha das asociacións mais destacadas da Illa de Arousa.
Pola súa parte Cantareiras Bulideiras xorden hai tres anos
en Fontecarmoa debido á inquedanza de seis das súas veciñas de divertirse aprendendo a tocar a pandeireta. De tocar pasan a cantar e a interesarse por novos instrumentos de percusión e comezan a amosar o seu desexo de actuar nos eventos da parroquia. Pouco a pouco vanse unindo novas xeracións. O seu fin e difundir a  cultura galega por calquer recanto do universo.  Por certo  xa gravaron un disco
FOTOS: E. Moldes (Diario de Arousa), Facebook Volandeira, Facebook Bulideiras.


Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: