9 de xan. de 2015

A EMPRESA CAMBADESA TRIVI FABRICA A PRIMEIRA CHAQUETA “ESTUFA” INTELIXENTE

E tomen nota para os duros días de inverno. Dúas empresas galegas puxeron no mercado a primeira chaqueta do mundo con calefacción incorporada; o usuario pode escoller a
temperatura desexada a través dunha aplicación de móbil.

Tan sinxelo como marcar un número de teléfono. O sistema Hitum, permite manexar a temperatura desta peza de roupa creando unha especie de bolsa cun ambiente estabilizado. 

Nos talleres de Trivi (Cambados) encárgase de todo o
proceso téxtil, desde as confeccións ata a colocación das finas resistencias que proporcionan a calor, un material desenvolvido polo CTAG. Da tecnoloxía que permite o control de todo o sistema cun simple 'smartphone', encárgase a empresa coruñesa SCIO.

En condicións ambientais extremas o sistema ten unha autonomía de 8 horas, pero en condicións normais, pode durar ata varios días. Se a quitas, iso si, apágase a calefacción, o que se di, unha chaqueta intelixente.

NOVA RECOLLIDA DA TVG. 
                           
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: