Páginas

25 de xan. de 2015

ACCIDENTE LABORAL EN TRAGOVE CON FERIDO.

Onte tivo lugar un accidente  que podemos denominar laboral no peirao de Tragove cando dúas persoas estaban estirando unha malleta de cabo, que case ven a ser unha practica habitual e
que case nunca pasa nada si se toman as debidas precaucións. O armador en cuestión  amarrou a un pivote dos brancos unha punta e coa outra amarrada ao coche tiran dela para así estiralo cabo a ganarlle uns metros e sacarlle as “voltas” de paso. A operación estaba realizando nas
inmediacións do Bar da Lonxa parece ser que tanto se estirou o cabo que partiu e un familiar do armador tivo lesións considerables nunha perna. Inmediatamente unha ambulancia fixo acto de presencia no lugar quen evacuou ao ferido, continuando coa labor de "estiramento" o armador en cuestión, o cal ven a ser unha persoa bastante coñecida entre os mariñeiros pois ocupou un alto. O armador en cuestión é moi coñecido na vila pois era un “autorida” que acaba de retornar a súa vida  de armador.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.