UNHA LOITADORA POLO TRABALLO E POLA LIBERDADE DA XENTE DO MAR.
Hoxe Cambados está de loito e mais concretamente o sector do mar, hoxe deixounos unha muller exemplar, unha muller loitadora, unha muller comprometida co mar, finou “Lola a
Rodiña”. Este brava muller, xubilada fai tempo, foi quen a risco de dar cos seus osos no cárcere, acompañada dun grupo de mulleres mobilizaronse en maio de 1975 para impedir a privatización dos viveiros da Algaceira por parte dalgúns cambadeses avariciosos, e a continuación para loitar contra
das areiras do Umia, como consecuencia destas movilizacións nace a primeira organización de mariscadoras para regular a explotación do Serrido, cristalizando na actual organización no ano 1999 que é a Agrupación de Mariscadoras de Cambados. Lola sempre foi unha muller comprometida coa esquerda e co mundo nacionalista.

Lola foi merecidamente recoñecida na Festa do Vieira do 2008, contaba daquela en Faro de Vigo a periodista Fatima Frieiro, que Lola soprendera a todos os comensais cun sentido e bonito discurso que lle puso a pel de galiña a moitos dos presentes. Dixo Lola no intre do coller a distinción: “Este galardón non é só meu, senón de todo o
pobo de Cambados e das mariscadores que loitaron e traballaron dende sempre”, non se esquenceu das autoridades e incluso, contaba Fatima Frieiro, un ex tenente da Garda Civil a quen se referie dicindo “quitounos bastante do lombo” e unha vez que recolleu o premio Lola levantouno en alto e ofreceuno a todos os presentes que irrumpiron en aplusos e vítores.

Lola era unha muller moi sinxela a par que moi afable, eso si que ningúen lle tocara o “seu Serrido”. Lola e desas mulleres de Cambados que merecen mais que un simple galardón na Festa da Vieira, Lola merece o recoñecemento da xente do mar e da xente de Cambados en xeral.
O meu pésame a familia e en especial a súa filla e amiga Maria Xosé concelleira do BNG de Cambados e Vice patrona Maior, outra loitadora pola libertade ex compañeira miña de partido e de corporación municial. Una abrazo para todos e D.E.P “Lola a Rodiña”.
O seu enterro terá lugar maña a tarde.
“Chon”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario