13 de xan. de 2015

INCREIBLE, LUIS ARAGUNDE LEVA CATRO MESES SEN CONTESTAR AOS ESCRITOS DO BNG

ASI ENTENDE A TRANSPARENCIA O NOSO ALCALDE E O SEU PARTIDO.
É desesperante o que presume de “Concello perita” e adalid da transparencia leva catro meses sen
contestar aos escritos presentados pola formación nacionalista a cal ven de reivindicar por rexistro de entrada no
consistorio cambadés que a día de hoxe, o grupo municipal  do BNG non recibiu resposta a unha serie de preguntas presentadas no rexistro deste concello. Entre elas está o escrito de data 15-outubro-2014 (R.E. 2014/7050) en relación ás obras na rúa Rosalía de Castro. Tampouco hai resposta ao escrito do 20-novembro-2014 (R.E. 2014/8195)  en relación a unha serie de preguntas sobre o sistema de utilización do pavillón do Pombal e das instalacións deportivas municipais, en xeral; polo que o BNG  debido a tardanza na contestación de ditas preguntas, canto antes, se lle facilite ao grupo municipal ás respostas  demandadas nos referidos escritos. 
A PRIMEIRO DOS ESCRITOS ERA SOBRE MELLORAS NA RÚA ROSALIA DE CASTRO DE CAMBADOS
Decia o BNG no mesmo que unha vez consultado o expediente de autorización para a execución das obras  de “Mellora na rúa Rosalía de Castro”, o BNG puido comprobar que na valoración da Comisión Técnica de Patrimonio Histórico Municipal, dos 5 membros integrantes da mesma, só os tres dependentes do concello (presidente, aparellador e Técnico Xestor do Patrimonio municipal) votaron a favor deste proxecto, mentres caos dous técnicos pertencentes á Xunta de Galicia (Arquitecta e Arqueólogo da Consellería de Cultura, Educación e O. U.) se abstiveron. Como queira que as citadas abstencións, por parte dos técnicos da Consellería de Cultura da Comisión de Patrimonio, deberon responder a criterios ou opinións técnicas que os levaron a non apoiar o proxecto presentado; opinións que pensamos, deberon ser explicadas na citada Comisión para ter que xustificar esa decisión, é polo que solicitaba que se lle informe ao BNG cales foron as razóns técnicas polas que Arquitecta e Arqueólogo da Consellería de Cultura, Educación e O. U. non apoiaron o proxecto aprobado de “Mellora na rúa Rosalía de Castro”.
OUTRO ESCRITO ERA A LAMENTABLE SITUACIÓN QUE VIVIA O XAV
Outro dos escritos, lembranos o BNG era relativo a que na prensa recollíase unha noticia sobre a situación de precariedade, con respecto ao uso instalación deportivas municipais, polas que está a pasar o club de voleibol (XAV), afirmando que, nalgunha das categorías, nin sequera pode xogar en Cambados os partidos das ligas asignados como local. Na mesma queixa tamén se facía referencia á gran dificultade para utilizar o pavillón municipal do Pombal; polo que solicitaba coñecer cales son os criterios que utiliza o concello de Cambados para a asignación da utilización do pavillón municipal do Pombal?, que técnico municipal é o encargado de realizar a asignación semanal de espazos deportivos?, por que medio e con que regularidade se comunica dita asignación?, como deben realizar os clubs deportivos a súas peticións de pistas?, fai o concello algunha reunión conxunta cos representantes das entidades deportivas municipais para tratar este tema e tentar buscar unha solución de consenso a esta problemática?, por que o concello non  elabora un regulamento de usos das instalacións deportivas municipais que rematen coas problemáticas que se están a dar no noso municipio?
Parecer ser a a situación no XAV grazas a presión que exerceu o propio club,  a oposición e os bologs cambadeses, está solucionada.
Fotos: DIARIO DE AROUS, A TI MEU CAMBADOS, FARO DE VIGO E XAV CAMBADOS.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: