Páginas

16 de xan. de 2015

JOSE RAMÓN PRADO BUGALLO, MAIS COÑECIDO “SITO MIÑANCO”, FAI RECTIFICAR A VOZ DE GALICIA UNHA NOTICIA

ESTE MEDIO DEIXABA ENTREVER INTENCIONADAMENTE UNHA RELACIÓN (INEXISTENTE) ENTRE SITO E A DERRADEIRA MOVIDA DO NARCOTRÁFICO.
“Sito Miñanco, de permiso carcerario, durmía cerca de onde detiveron os seus socios” con este titular despachábase o anónimo redactor ou redactora (inclinámonos a que era muller e de aquí cerca) de “A voz de Galicia” o pasado 8 de xaneiro de 2015.  Un titular que non viña a conto de nada pois Sito está cumprindo a súa condena e cos permisos legalmente establecidos.  Unha nova feita como dicimos en Cambados “con moi mala hostia”
(perdoade a expresión) coa a única intención de facerlle dano a Sito. Sito por medio dos seus asesores legais pero no seu nome enviou  un escrito a Voz de Galicia "rogándolle" a súa publicación no que entre outras cousas dicía: “Ningunha sentencia , ningún auto xudicial nos derradeiros quince anos imputou , nin sequera indiciariamente, que eu houbera cometido feito ilícito algún en conxunción con Rafael Bugallo Piñeiro. Se houbo algunha especulación policial en tal senso, foi tan carente de rigor ou probas que non resistiu nin o primeiro exame xudicial”. 
Evidentemente o escrito tiña outras advertencias o devandito diario que se viu na diatriba de publicar a corrección , iso si nun sitio onde apenas se ve non coma a nova  que foi sacado con grandes titulares a tres columnas na sección “Galicia”. 
Para publicar a nota no diario de hoxe,  seguramente  o medio veulle as “ouvellas ao lobo” e admitindo que fixeran mal non tiveron mais remedio que publicar so  parte da nota enviada por Sito.
Sito leva  inxustamente 14 anos en prisión dos 16 anos a que foi condenado, pois el xa cumpriu en exceso dous terzos da condena e a calquera outra cidadán  en aplicación da lexislación vixente se lle houbera aplicado a terceiro grado penitenciario en réxime de liberdade condicional pero incomprensiblemente, segundo os seus letrados, este non
lle foi concedido ignorando os motivos, pero seguen loitando nos tribunais.
Sito como presidente do Club Juventud Cambados acadou o éxito mais sonado do futbol cambadés ascender ao Cambados a segunda B,  chegou a ser recibido por lo alcalde daquela do  Partido Popular Santiago Tirado  no Salón de Plenos do Concello.


FOTOS: INTERVIU, LA INFORMACION, DIARIO DE PONTEVEDRA
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.