Páginas

22 de xan. de 2015

LUIS ARAGUNDE, UNHA HISTORIA BÍBLICA

Houbo un tempo que España foi un dos grandes platós cinematográficos do mundo. A idea foi do productor Samuel Bronston que grazas aos seus contactos en Hollywood e dando solución de continuidade ao Plan Marshall
conseguíu que directores e actores da época ficaran no noso país coma Charlton Heston e Sophia Loren en El Cid, Ava Gardner e David Niven en 55 Días en Pekín, James
Mason e Max Von Sydow na Historia Máis Grande Endexamáis Contada, e sobre todo Nicholas Ray (Rebelde sin Causa) en King of Kings. Neste filme o actor Jeffrey Hunter bordou a figura de Xesucristo e o director Norteamericano dirixiu de xeito maxistral algunha das pasaxes do libro máis lido da Historia: A Biblia. Non son o único ao que conmove esta película, me consta que ao noso alcalde Luis Aragunde tamén. Católico non convencido coma dixo con bó criterio Chon en A Ti Meu Cambados, nestes intres está en broncas con Deus. Polo que parece os que están a ao seu carón insinúan que o de arriba lle está pedindo un sacrifizo, que dimita e deixe de ser unha carga. Todos temos libre albedrío porén hai algo ou alguén por riba de nós que nos contempla e nos xulga. Así decidín creelo, e tamén non teño reparo en afirmar que a FE
é algo que se ten ou non. Coma dixo o Papa Francisco I nunha desas alocucións que fai de grande calado humano,”condeno tódalas guerras que se fixeron, se fan, e se farán en nome de Deus”,“E que entre moitos ateos están das mellores personas que coñezo, obreiros, grandes mentes da ciencia, da cultura e do saber”. O noso Luis vai a misa de cando en vez; e máis, o meu amigo e párroco D. José Aldao me dixo
en certa ocasión que non é o máis importante, que o quid da cuestión estriba en ser unha boa persona e que en grande parte as ensinanzas que nos axudan a ostentar tal condición están nos Evanxeos. Haberá xente que chame a tales virtudes “mantras”, “prexuízos”e tal, pero é algo incuestionable. É certo que o Antigo Testamento é un pouco sanguento nun comezo asemade despós se compón. En todo caso non hai que mesturar ao Deus dos homes co Deus dos nenos, non é tal coma o ensinaban no Catecismo.

Aragunde e o seu equipo de goberno son coñecedores de que na nosa vila hai moitos devotos. Se achegan as eleicións e que vos vou contar que non saibades xa: hai unha porcentaxe alta de sufraxios que están entre os fieis. Non é incompatible ser de esquerdas e con ser crente, supoño que a estas alturas todos sabemos que a Deus o que é de Deus e a Luis o que é de Luis, pero a él non lle
abonda. Coma recolector de votos, ensinanzas que recibiu o noso pequeno saltamontes do seu mestre Tourís, estos derradeiros meses se adica a poñer o seu sorriso encantador para ter a este colectivo contento, a risco de facelo ridículo, e coma tal, se pode declarar a retirada da peza do Cristo das Ruínas de Santa Mariña por mandato municipal sen consultar nen coa Igrexa nen con Patrimonio. Eu, cando tal cousa vin, tiven que frotalos ollos porque non o cría. Coma Republicano teño moitas contas pendentes coa Igrexa Católica Española desde o 36, outra cousa é Deus, algo que mestura a xente por non ser quen de separar. No levantamento contra un Goberno democráticamente elexido
correron a meterse a maior parte dos curas baixo as saias do Bando Nacional, chegando Franco a denominar a súa guerra coma unha Cruzada bendecida por Deus e colocando ata obispos nas Cortes. A sombra deste episodio é unha auténtica vergonza e a Igrexa Española aínda non pediu perdón. Moitos daqueles Fascistas nutren hoxe en día ao Partido Popular e seguen pensando coma Luis que fagan o que fagan teñen a Deus da súa parte. É certo que Republicanos en plena guerra quemaron Igrexas pero en Asturias sen ir máis lonxe sacaron a un Cristo antes de lle prender lume: “A éste non, é un dos nosos”, dixeron. Pos o Aragunde Republicano, o Aragunde Católico, o Aragunde Restaurador, co pretexto do grave risco para a integridade física de alguén que pasara preto da imaxe mandou baixala peza que hai nas Ruínas polo seu mal estado grabando a escena coma político que é na prensa, na radio e na televisión, para que todos viran que corazón tan grande ten. Nin trasladou a nova ao Párroco, nen a Patrimonio, nen a naide agás aos periodistas e aos operarios que ten en nómina que son dos poucos que teñen traballo nesta vila. Así fai con todo: primeiro actúa nun afán de protagonismo e despós pensa.
Bea Costa
Pos resulta que o xornal A Voz de Galicia ten na figura da periodista Bea Costa un talento único para cheirar as novas porén a polémica fai que se vendan moitos xornais e de tal guisa pubricou na Edición de Arousa a toda páxina a primeira parida que lle víu a cabeza ao Alcalde, unha vez desde o taller lle xiraron a factura proforma: son 4.000 euros reparalo. Pos coma o Concello de Cambados está entre os 100 máis endebedados de España e non hai “chica”, coma non sabía coma saír do paso pediu facer unha colecta entre os veciños, coma Luis Bárcenas …. boa a fixo. A oposición do PSOE en verbas da súa Portavoz Fátima Abal Roma preguntou se había o correspondente informe e visto bó de Patrimonio? : Non. Se consultou á propietaria da peza que é a Igrexa ou no seu defecto ao Párroco?: Non. É evidente que hai malestar por parte da Parroquia fai moito tempo con Aragunde e coa caterva de servos que ten en nómina. No culmen do despropósito foron varias veces as que varios veciños acudiron aos Servizos Sociais do Concello en petición de axuda e xente afín ao PP de Cambados que alí traballaba enviounos repetidas veces a Cáritas !!! Esto é o que en Roman Paladino se chama escurrilo bulto ou non aceptar a túa responsabilidade e iso non pode ser. E tamén ten que ser a Igrexa, naqueles casos onde non hai cobertura económica, a que teña que levar os gastos do sepelio daqueles que non teñen nin para flores. Menudo exemplo, Alcalde, e despós fala de traballo,

transparencia, e servicio aos veciños: que te solucione a papeleta D. José Aldao. “Goberna dunha vez coma ten que ser, Luis”: contínuamente son saídas de pata de banco coma a do Cristo, faltas de respeto aos que non son do teu Credo político, e coma John Wayne en El Fabuloso Mundo del Circo de Henry Hathaway, tamén producida por Samuel Bronston, “Que chuli son, sempre teño un As que mata un Tres”. Coma non vai a ter broncas con Deus e cos veciños. Se tivera algo de dignidade o millor que podía facer por nós é deixar o Concello e buscar chope por onde non deixe o nome de Cambados en ridículo. Pero claro, aquí os veciños pagan moi ben, e de onde vou sacar 60.000 euros ao ano, coma aquí non se está en ningures. Sei de boa tinta que
está a ser investigado pola Fiscalía por Malversación de Caudais Públicos, por levar dentro de certa estructura formal unha contabilidade B (o ordenador de pagos nun Concello é o Alcalde) entre os empregados da Corporación. A Relación de Postos de Traballo vai entrar en Vía Xurisdiccional por mor de xogar a ser Deus e premiar con gratificacións aos que son da súa escolla e aos que non que lles dean. Nestes nestes tempos de crise anda a xogar co traballo dos demáis e iso é contraproducente ademáis de ser un claro fraude de Lei aos Presupostos Xerais do Estado. Todo esto o saben os veciños e xa non aturan máis porque son moi malos gobernantes, porque teñen un poso a rancio que cheira moi mal, por estar máis cerca do orgullo que da humildade. En catro meses os veciños deben decidir se esto baixo a súa humilde opinión está ben feito ou non. O sentido común di que non, pero moitas veces é o menos común dos sentidos.

Está tendo reunións Luis na actualidade coas Asociacións, cos Empresarios, con todo quisque con tal de saír de rositas da desfeita que supón unha vila con preto de 2000 parados, sen Industria e abocada a non ter futuro para os nosos fillos. Prometeu cousas coma Mariano Rajoy e mentíu, e polo tanto xa naide cre na súa palabra porque son moitos veciños aos que deixou tirados polo camiño. Encol chegado o
momento recollerá de novo aos velliños do Asilo para ir votar e teremos que ollar ese espectáculo de novo, enganará as mariscadoras coma fixo co Saco de Fefiñáns, coma está a facer en Castrelo, aos Bodegueiros lles está a prometer liñas de crédito do IGAPE coas que quedarán empeñados ata 2030, e aos Hoteleiros xa lles puxo Louzán a súa Cruz coas Pousadas do Salnés e o noso alcalde non saíu na súa defensa, e así fai co resto, sobre todo co Comercio Local ao que cada vez vai menos xente por non haberen apenas traballo e por iren a outros puntos onde é máis accesible comprar polos motivos de todos coñecidos (non hai aparcadoiros, se decatou despós de seis anos). Quedarán os xubilados, os nenos, os enchufados, e catro ou cinco pequenas empresas familiares (algunha delas con auténticos problemas para pagar aos seus empregados). Esto é o Cambados real: pedras, hormigón, macetas, bancos, arbustos, e a xente tirada polo mundo adiante para poder vivir. Dar un paseo por Cambados desde que están
éstes é lamentable: unha Estación de Autobuses que é unha caixa de mistos, un Centro de Saúde que millor podían non facer nada porén non truxo nada novo, os Colexios levando remendos un día sí e un día non cando son o berce desde onde se constrúe unha sociedade, e un paseo marítimo do que estabamos orgullosos coas vallas oxidadas e o mar ao lado cheo de lixo agás tres meses no verán (só se preocupa dos turistas solventes e os que pagamos impostos todo o ano non somos naide). Rúas abandonadas e cheas de desperdizos e excrementos, algúns edificios municipais sen actividade e o pior dos males: moita arrogancia para manifestar que non hai locais valeiros para se reunir as Asociacións e os Partidos da Oposición. Creo que Cambados merece outra cousa, precisa xente traballando con ilusión, gobernando para todos, con transparencia na actividade administrativa, con proxectos de futuro, peonil, de progreso e riqueza para aos veciños onde todos se sintan importantes, copartícipes, e non señan os que leven sempre a parte pior. Está nas nosas mans facelo: non hai que lles ter medo e pensar que o ben que deixemos tras nós será orgullo para as xeracións vindeiras.

Óscar Manuel Núñez.-
Cinefilo.








FOTOS: FARO DE VIGO, DIARIO DE AROUSA, A VOZ DE GALICIA E A TI MEU CAMBADOS.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.