ASEMBLEA ABERTA DO BNG EN CAMBADOS O VINDEIRO MARTES
Daniel Rodas, portavoz de Pesca do BNG no Parlamento galego e o Portavoz municipal, Víctor Caamaño, reuníronse na tarde do pasado mércores co Cabildo da Confraría de Cambados. Durante a reunión abordáronse
os temas que neste momento máis preocupan ao sector do mar, como é a cotización a facenda das mariscadoras, as precarias cotas para o cerco, as mal utilizadas competencias
da Xunta en augas interiores, a incompetente defensa da Xunta e do Ministerio dos intereses pesqueiros galegos na UE, a comercialización dos produtos do mar en función da denominación de orixe, a problemática do furtivismo, etc. Moitos temas que están a marcar a precaria situación pola que pasa este sector, debido principalmente, á inoperancia do PP no Goberno Galego.
os temas que neste momento máis preocupan ao sector do mar, como é a cotización a facenda das mariscadoras, as precarias cotas para o cerco, as mal utilizadas competencias
![]() |
| Daniel Rodas (BNG) |
![]() |
| Maria Xosé Cacabelos |
![]() |
| Perto Costa (Patrón Maior) |
O Próximo martes día 27 de xaneiro, ás 20:30 horas en Exposalnés, o BNG realizará unha nova Asemblea Aberta con intención de enriquecer o proxecto político nacionalista con novas proposta e capital humano. O BNG anima a todos aqueles veciños e veciñas de Cambados, a acudir a este novo proceso participativo.
FOTOS: FARO DE VIGO E DIARIO DE AROUSA.





Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.