Páginas

12 de xan. de 2015

O POLIFACÉTICO MECO NANO BESADA PREPARA UN GRAN CALENDARIO BENÉFICO PARA O 2016

UNHA GRANDE HOMENAXE A MULLER GROVENSE.
Nano Besada naceu no Grove, rematando a década dos corenta ,é empresario do comercio, que é do que realmente gaña ou gañou a vida pero aparte ten como afeccións a cociña, pintura, debuxo, fotografía, cine, viaxar e sobre todo
coleccionar amigos dos de verdade. Ten se a súa propia páxina de pintura : www.retratoalapiz.com.
Nano autodefinese como un afeccionado ao debuxo e a
pintura dende non fai moito tempo. É autodidacta coa axuda dalgún que outro libro. Fai un tempo  descubriu un moi bo que o ilusionou moito e que o axudou a mellorar e adquirir confianza en se mesmo. Nano espera que algún día  os seus traballos adquiran un estilo propio e poder sentir orgulloso deles, polo que sempre estará practicando. Mentres chega
ese momento Nano apela a compresión dos que xa teñen experiencia.
Nano pretende facer un calendario benefico para o ano 2016 con doce retratos a lapis debuxados por el , un por mes. Unha grande homenaxe a muller grovense.
Para realizar estes retratos a lapis, precisa Nano de doce fotos entre as que reúnan as seguintes características:
1) Foto de muller.
2) Muller de calquera idade, dende bebé ata anciá.
3) Muller ligada a O Grove, por nacemento, por vivir ou que vivirá alí, ou calquera outra causa que a ligue coa vila meca.
4) A pose é totalmente libre, así como a indumentaria ou espida..
5) A calidade, tanto técnica como artística de cada foto, será determinante na elección.
6) Tódalas fotos irán acompañadas dunha autorización para ser utilizadas en dito calendario. No caso de menores de idade, o documento virá asinado polos seus titores legais.
A elección das finalistas será feita por un xurado internacional, composto por persoas relacionadas co debuxo e sen relación ningunha co Grove, para que a súa decisión se base só en argumentos artísticos. Tampouco el formará parte dese xurado.
Durante todo o ano 2015 irá facendo os retratos a lapis de cada foto seleccionada.
Os calendarios, unha vez editados, poríanse á venda no mes de Nadal de 2015 e os beneficios irían destinados a unha ONG aínda sen determinar.
Un bo e ilusioante proxecto,  por certo reservanos un calendario xa. 
NANO BESADA EN FACEBOOK 
Fotos: NANO BESADA.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.