4 de xan. de 2015

OS REIS MAGOS RECIBIRÁN ÓS NENOS DE CAMBADOS O LUNS A MEDIODÍA NA PRAZA DO CONCELLO.

Os Reis Magos de Oriente comezarán o seu percorrido polas rúas de Cambados ás 11 horas a bordo dun coche clásico con escolta policial. 
Visitarán aos ancianos acollidos no Asilo e faránlle entrega dos agasallos obtidos na campaña anual de solidariedade
dos comerciantes de Cambados.
Unha novidade deste ano é que, ás 12.00 horas do mediodía, Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán na praza do Concello ós nenos que desexen falar con eles. En caso de choiva esta recepción real faríase no salón de plenos do Concello.
Pola tarde, ás 18.00 horas, os Reis Magos chegarán en coches clásicos ata a praza de Fefiñáns. Aquí Melchor, Gaspar e Baltasar serán recibidos polas autoridades e os cativos que estén agardando a chegada das súas Maxestades quen, de seguido, subirán ás súas respectivas carrozas para iniciar a Cabalgata.
18.30 horas.
Unha vez instalados nas Carrozas Reais, circularán pola avenida de Madrid, pasarán por diante do Concello e percorrerán o paseo marítimo ata a Escalinata de San
Tomé cunha breve parada fronte ó Asilo.
19.30 horas.
O regreso dende San Tomé produciráse a través do cruce de Catro Camiños, seguindo pola avenida de Galicia ata desembocar na praza do Concello.
Ás 20.15 horas fronte ao Concello, os Reis de Oriente e paxes reais atenderán as peticións que lles fagan os nenos e nenas cambadeses.
En caso de choiva a Cabalgata será máis curta e os Reis Magos, tras visitar o Asilo, irán directamente para o salón Peña, onde haberá música de animación, pintacaras e globoflexia.
Información recollida integramente de AROUSA SI RADIO SALNES.
Fotos: DIARIO DE AROUSA, FARO DE VIGO E CORES DE CAMBADOS.

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: