Páginas

19 de xan. de 2015

OS USUARIOS DO XIMNASIO DENUNCIAN CON DOCUMENTOS GRÁFICOS O LAMENTABLE ESTADO DO MESMO

RESALTAN SOBRE TODO A CALIDADE TANTO PROFESIONAL COMO HUMANA DOS TRABALLADORES.
Os usuarios do ximnasio séguenos informando do que pensan sobre o mesmo,  e son en definitiva os  que pagan as  clases.
Reiteran  que é unha atrocidade poñer isos prezos das clases, parece que se esquece que os usuarios son xente de condición humilde que loxicamente buscan o económico. Tamén é  un erro por parte de quen aprobou esas taxas, xa que a maioría por non dicir a totalidade de usuarios de esas actividades (step, fitnes, Ciclo-Tono), etc. etc. si se manteñen con esa pretensión (subir os prezos), daranse  de baixa do ximnasio, e dicir, menos ingresos, e son  moitos os que se pensan dar de baixa.
Dicir que o estado das instalacións é moi deficiente,aínda así unha das causas principais de seguir indo  é  pola alta calidade tanto profesional como humana dos
traballadores, ese é o motivo principal ,  o que o menos lle importa  é que  si a auga da piscina está mais o menos fría, que si o chan está despegado, que si as bicis no van ben etc etc. Loxicamente si por enriba de todo ese desastre nos suben os prezos dunha  forma tan desmesurada, dannos só unha opción: ¡¡¡IRNOS!!!
Ninguén    pode crer que co estado das instalacións pódese pretender cobrar semellantes taxas, os usuarios facilitáronos fotos dos vestiarios de mulleres e de homes, así como do estado do chan da sala de ximnasia. Todos queren, repetimos ¡TODOS QUEREN QUEDARSE NO XIMNASIO! pero cun prezo xusto. Volven  a lembrar que os ximnasios desta vila anda por unha banda de entre 30 e 35 euros mes, en algúns todo incluído (abono e clases).
E como se di que vale mais unha imaxe que mil palabras amosamos unhas pinceladas do estado das instalacións:












Creemos que as imaxes falan por si soas.

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

1 comentario:

  1. Por mor da gripe levo unha semán sen acudir as instalacións pero fai dez días preguntei na entrada si sabían algo das novas tasas e dixéronme que houbera un pleno no Concello e que acordaran un cambio en certas tarifas, non me especificaron mada mais e no taboeiro de anuncios non había nada. Hoxe o ver esta nova non teño mais remedio que reafirmar todo canto en ela se dí, nunca quixen sacar fotografías dos desperfectos pero teño que añadir algo mais o que en este artigo se expón.
    Dende antes da fuxida do grupo Pazos (falamos de meses) había unha ducha presauna "fora de servicio", o luns anterior falando co responsabel do mantemento por mor nunha ducha "nebulizante" que estaba fora de servizo saleu a colofón o por qué de tanto tempo sen funcionar a ducha antes dita, a resposta foi que o que estaba roto era o grifo ( abreu a porta para que o comprobase) e ante a pregunta de que si era o problema de que xa non fabricaban ese tipo de grifo, díxome que non, que na ferretería custaba 60€. Quedei como si mas deran, e mais díxome que si a avería da ducha "nebulizante" fose a centralita(cusa moi probable)estaríamos a fala de 200€. Seguimos a falar de outras cousas e cada un o seu, pero claro poste a pensar e dis como carallo están os usuarios de unhas instalacións que pagan relixiosamente sen una ducha por non haber 60€ para un grifo. Os ultimos días que eu estiven, en lugar do papel normal dos vestiarios (rollos Altos e anchos e de unha calidade para a faciana), aparecesen rollos de papel hixiénico. Eu digo e seguirei decindo que os traballadores, monitores, socorristas e encargado de mantemento non teñen nada que ver con que haya un descontrol na xestión das instalacións e que agora se ve agravada con este intento de subir precios.Hai que ser mal político para en época de eleccións acometer caralladas de este tipo e por riba con un país en recesión, os soldos polo chan e a xente sen traballar.
    Cando se sale do ximnasio e se miran as obras de "cambio" de cesped artificial non queda outra que darse conta de que os cartos están ehí, o carallo e repartilos ben.
    Para poñer fin a esto decir que se o usuario PAGA hai que atender os seus dereitos e as vagas excusas solo po chupa de turno.

    ResponderEliminar

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.