"50 PREGUNTAS, 50 ARGUMENTOS PARA A SOBERANÍA DE GALIZA" PRESENTARASE O VINDEIRO XOVES ÁS 20:15H. EN EXPOSALNÉS EN CAMBADOS
"50 preguntas, 50 argumentos para a soberanía de Galiza" é o título do número 171 da revista Terra e Tempo, revista
editada na actualidade pola Fundación Bautista Álvarez e que desde a publicación do seu primeiro número en 1965 tenta desde unha visión nacionalista e marxista aportar argumentos, ferramentas analíticas e estudos sobre a realidade da nación galega e a súa sociedade que contribúan a un mellor coñecemento da realidade da Galiza e do mundo e inflúan para desenvolvermos unha sociedade plenamente democrática.
| Ruben Cela |
| Nestor Rego |
As perspectivas de futuro da nosa economía, as pensións, a ordenación do territorio, a xustiza, a educacón, as relacións laborais, o desenvolvemento do noso idioma e cultura, as relacións internacionais... son algunhas das cuestión abordadas neste número.
O acto de presentación da revista será maña xoves 22 ás 20:15h. no salón de actos de Exposalnés en Cambados e contará con intervencións do coordinador deste número Rubén Cela e do Secretario Xeral da UPG Néstor Rego.
ORGANIZA: FUNDACIÓN BAUTISTA ALVAREZ.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.
Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.
Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI
Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario:
Publicar un comentario