14 de xan. de 2015

USUARIOS DO XIMNASIO E PISICINA LAMENTAN O MAL ESTADO E AS NOVAS TAXAS

A MAIORÍA DE USUARIOS PARÉCESLLE ABUSIVOS OS NOVOS PREZOS.
Existe gran malestar entre os usuarios do Ximnasio e piscina municipal dende que que fai unhas datas o goberno do
Partido Popular do noso Concello de Cambados, e dicimos noso porque é dos cidadáns (aínda que algúns pensen que é deles) sacouse da manga uns novos presos para o ximnasio e piscina municipal, segundo nos contaron algúns que se puxeron en contacto con este blog.
No que respecta ao ximnasio din que baixan o
abono un ou dos euros, pero despois “chegan as rebaixas”. Así a actividade de “step”, por exemplo, na actualidade para os abonados resulta un incremento  duns tres euros o mes pero agora en que son sete euros por cada día semana, como na actividade posta de exemplo hai dúas clases semanais, resulta que en lugar
deses tres euros xa son catorce, abono aparte.
Non caso dun usuario en concreto que ademais de ir a esa clase e ademais vai a outra actividade (fitnes) que é de tres días a semana e que tamén eran uns 3 euros e que agora pasan a ser 21 euros, e dicir que pola asistencia de dito usuario pasará de pagar uns 40 euros a pagar nada menos que 75. Segundo o referido usuario é unha barbaridade por non dicir un roubo.
Lembremos que son unhas instalacións municipais, instalacións moi deficientes no referente a máquinas que non funcionan ou funcionan mal, o chan despegase nas xuntas, os stps son de cativos, etc., dinnos algúns dos usuarios.
En resumo, di un deles, é como se nos deran un menú de furancho e nos cobraran como un restaurante de cinco garfos.
Por certo, dinnos por último os nosos informantes, que os ximnasios privados desta vila están a cobrar uns 35 euros ao mes, e agora mesmo están refregándose as mans perante a desbandada de usuarios do ximnasio do Pombal e eses  abusivos prezos. E xa se sabe se non hai  usuarios, non son necesarios monitores e consecuentemente mais xente ao paro.
Fotos: DIARIO DE AROUSA.FARO DE VIGO, A TI MEU CAMBADOS, EL MUNDO.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: