PSOE CAMBADOS: “QUE UN ALCALDE PRETENDA FACER UNHA COLECTA ENTRE OS VECIÑOS QUE PREVIAMENTE PAGARON OS SEUS IMPOSTOS, É UNHA ACTITUDE CÍNICA E PROPIA DUN GOBERNANTE DO SÉCULO XIX”
Os socialistas de Cambados califican de esperpéntica a situación vivida por mor da restauración do Cristo das
Ruínas e a ocurrencia de pedir “axuda veciñal”.
Ruínas e a ocurrencia de pedir “axuda veciñal”.
A formación que lidera Fátima Abal culpa á falta de previsión do concello desta situación, unha falta de previsión que xa se fixo patente en varias ocasións, pero que cada vez se ve máis
acentuada. Asimesmo, califican de irresponsabilidade o feito de que un concello plantexe pedir “axuda veciñal”
acentuada. Asimesmo, califican de irresponsabilidade o feito de que un concello plantexe pedir “axuda veciñal”
Segundo Fátima Abal: “que un concello pida colaboración veciñal é un feito sintomático, pois semella que esquecen de onde proceden os cartos que manexan, que non é de outro sitio que dos propios veciños. Que un alcalde pretenda facer unha colecta entre
os veciños que previamente pagaron os seus impostos, é unha actitude cínica e propia dun gobernante do século XIX”
os veciños que previamente pagaron os seus impostos, é unha actitude cínica e propia dun gobernante do século XIX”
Ademáis, os socialistas non entenden que un concello que tanto presume da súa situación económica se vexa nestes apuros. “Ou será que a situación non é tal como nos contan?”
Para a portavoz socialista: “estamos ante un concello á deriva, que primeiro fai cousas sin pensar nas consecuencias, despois dase conta do erro cometido, e finalmente en lugar de rectificar ese erro fai unha especie de fuxida cara adiante na
que pon pequenos parches en lugar de arranxar os problemas. O desenrolo dos acontecementos é semellante en moitas actuacións, por exemplo cando se implantou o sentido único na Avenida da Pastora actuaron exactamente igual: primeiro cambiaron
o sentido de circulación sin pensar nas consecuencias (obrigando aos veciños que posúen vehículos agrícolas a cometer unha infracción indo pola estrada xeral), despois déronse conta do erro pero non o rectificaron (chegando a dicir públicamente que era imposible saber que nesa rúa había vehículos agrícolas!) e
finalmente tomaron unha decisión a correr habilitando un camiño de terra en pleno inverno de chuvias. E despois, claro, culpando ás malas condicións meteorolóxicas da situación creada, cando o lóxico hubera sido facer primeiro o camiño e despois modificar ó sentido da circulación, como faría un goberno serio e competente. Pois ben, agora estase a repetir a mesma situación: primeiro quitan a imaxe do Cristo, despois danse conta de que restaurala costa cartos, e finalmente fuxen cara adiante pedindo a axuda veciñal. Este tipo de modus operandi non é o propio dunha administración seria e responsable.

Os socialistas afirman que “Cambados merece un goberno municipal que resolva os problemas, e non un goberno que xenere problemas onde non os había, por pura incapacidade na toma de decisións.”
Tamén resaltan os socialistas que “calquer actuación levada a cabo nun ben patrimonial tense que facer con seriedade e rigurosidade, non quitando as cousas para logo “a ver que pasa”. As Ruínas de Santa Mariña son un punto de interese turístico fundamental nuha vila onde o turismo é un dos motores principais da nosa economía, e polo tanto hai que actuar con seriedade e con plans estratéxicos que permitan a conservación dos nosos monumentos nas mellores condicións. Este tipo de espectáculos esperpénticos suceden onde se goberna só a base de ocorrencias”.
FOTOS:ANÓNIMO, ALZA LA VOZ CAMBADOS,. FARO DE VIGO, KARKALLON
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.
Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.
Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI
Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

.jpg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.