Páginas

14 de feb. de 2015

O BNG SOSPEITA DA EMPRESA QUE FIXO A RPT

E PARECE SER QUE NON LLE FALTAN MOTIVOS, SOBRE TODO SE LUIS ARAGUNDE NON CONTESTA AS SÚAS PREGUNTAS.
O BNG ven de presentar un escrito  no concello  non que comenta que no pleno extraordinario celebrado hai uns días aprobouse definitivamente, cos únicos votos a favor do PP, a
nova RPT do Concello de Cambados. O BNG  votou en contra deste documento por considerar que, na súa elaboración, primaron os criterios políticos e non os laborais e que realmente non soluciona as necesidades para un bo funcionamento do concello. Ademais, o BNG non entende que para a elaboración do documento fora necesaria a contratación dunha empresa privada (neste caso, “Galivalia Avogados e Consultores”) pois existen suficientes técnicos municipais
 (secretario, interventora, tesoureira e asesor xurídico) que poderían elaborar, xunto aos representantes dos traballadores, unha RPT máis axustada ás necesidades do noso concello ca aprobada e, por suposto, sen ter que pagar o sobrecusto da contratación da citada empresa. Consideramos así mesmo, que a participación da empresa só serviu para tentar dar unha falsa  imaxe de imparcialidade pero o que realmente se fixo foi que a empresa trasladara aos traballadores/as a proposta política da alcaldía, creándose a medida uns baremos ou criterios que xustificasen os obxectivos políticos marcados previamente; polo que
SOLICITA: sexan contestadas as seguintes preguntas:
1.- En que data  foi contratada “Galivalia Avogados e Consultores” e que proposta de orzamento presentou ao concello de Cambados para a realización da citada RPT?
2.- Canto leva pagado actualmente o concello a dita empresa polos traballos de elaboración da RPT?
3.- Cal será o custo total para o concello, dos servizos de “Galivalia Avogados e Consultores” pola  elaboración da RPT?
4.- Coa aprobación da nova RPT, que vai a ocorrer coa
Oferta de Emprego Público do concello de Cambados do exercicio 2006, onde foron ofertadas unha serie de prazas, e que  foi paralizada despois de que moitos aspirantes pagaran as respectivas taxas de matrícula no proceso? Cando se lle devolverán os cartos correspondentes a dito pago de taxas? Canto supón a totalidade desta devolución?
NOTA DA ADMINISTRTACIÓN.- O mellor tamén habia que preguntar si algún alto cargo do concello tuvo relación laboral ou profesional coa devantida empresa ou con algún dos seus propietarios.
FOTOS: FARO DE VIGO,

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.