15 de feb. de 2015

O CAMBADÉS RAFA ALBA PADIN EXPÓN AS SÚAS OBRAS EN PEDRA EN PONTEVEDRA

O pasado dia 13 de febreiro  foi a inauguración oficial da exposición do cambadés Rafa Alba Padin ainda que desde o 5 de febreiro xa se podía visitar e que dado o éxito de publico amplia o tempo de exposición todo mes de marzo.Podese visitar no edificio administrativo da Xunta en Pontevedra en Campolongo.
Rafa alba Padin naceu  Castrelo (Cambados) en 1976. Desde moi pequeno enfocou a súa  vida cara á arte do
modelado, empezando con pequenas figuras de arcilla e barro. 
Ao finalizar os seus estudos centrouse nun dos oficios máis tradicionais de Galicia, a cantería/escultura. Para iso comezou a formarse cun importante artista e veciño, Manolo Paz. Con el aprendeu a modelar e comezou os seus primeiros pasos cara ao
traballo da pedra.
Por motivos laborais do seu mestre, tivo que buscar unha alternativa para continuar satisfacendo a súa  curiosidade nun oficio aínda descoñecido, pero do que xa non podía sacar do seu  pensamento. Para iso continuo a súa formación con outro gran escultor Francisco
Vilar. Con el adquiriu máis coñecementos e soltura na arte da escultura. Isto xa axudouno a realizar pola súaa conta pequenos traballos como artesano.
Xa tendo un pouco de experiencia e con ganas de coñecer máis, tivo a
oportunidade de acceder á Escola Taller de Cantería en Cambados. Durante preto de dous anos, adicouse a perfeccionarse e a coñecer os tipos de pedras, ferramentas e técnicas deste oficio.
Para axudarlle a aplicar os meus coñecementos e a adquirir novas nocións sobre distintos materiais como plomo, resina, poliester, cera, virutas de metal,... nos que poder
continuar modelando, decidiu contactar cun gran amigo e excelente profesional Manolo Rial.
Actualmente, xa co seu propio taller de artesanía dedicase a aplicar os coñecementos adquiridos ao longo da súa vida e a fusionalos coas experiencias e a contorna que o rodea.
Grazas a Luis Gómez Charlin , polas súas fotos e o seu texto.




Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: