4 de feb. de 2015

O PP IRRUMPE EN CAMPAÑA COLOCANDO FAROLAS

REMATA A INSTALACIÓN DO ALUMEADO PÚBLICO NAS RUAS ATLÁNTICO E JUAN PABLO II DE CAMBADOS.
Operarios municipais veñen de concluir a instalación das farolas do alumeado público nas rúas Atlántico e Juan Pablo II, que quedara aprazada a semana pasada por mor do accidente laboral que causara feridas graves a un dos
obreiros que participaban nestes traballos. 
Agora estase conectando a instalación eléctrica de maneira que, probablemente, mañá quedará activada a iluminación.
Coa instalación de catorce postes metálicos coas correspondentes luminarias Led de baixo consumo pódense dar por rematadas as tarefas de urbanización desta zona próxima á praza de Fefiñáns, onde se dotan arredor de 70 novas prazas de aparcamento de vehículos.
Unha parte do espazo destinado a estacionamento facilitará que os autobuses turísticos deixen ós visitantes moi preto da histórica praza de Fefiñáns. 
Asimesmo, facilitará o achegamento ó núcleo principal do Conxunto Histórico, tanto a residentes como a turistas que desexen mercar no comercio asentado no entorno. 
Estes dous viais urbanizados van, ademáis, permitir un desafogo no tránsito dende a avenida da Coruña cara ó complexo polideportivo do Pombal, onde existe outra gran bolsa de aparcamentos. 
Faltalle decir a nova que recollemos de Aroisa Si Radio Salnés que nótase ben que entramos en campaña electoral por parte do PP.
NOVA RECOLLIDA DE: 
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: