Páginas

9 de feb. de 2015

PROPOSTAS DE NOVAS TASAS E IMPOSTOS MUNICIPAIS PARA PODER SEGUIR DESANGRANDO AOS CAMBADESES


POR RICARDO DOMINGUEZ REY
      Fai algo mais dunha semana faciámonos eco neste blog do malestar dun hostaleiro cambades porque recibiu unha notificación  do concello onde lle obrigaban a volver  a pagar o imposto de lixo dos anos 2011 e 2012; imposto que
xa pagou no seu dia e que cando foi a pedir explicacións a ORAL a resposta que lle deron foi que, efectivamente, xa o tiña pagado e que o que lle reclamaban era un imposto “que se inventou o Concello de Cambados”.
      Obviamente, a raíz desta anécdota podemos sacar moitas conclusións e, si damos por boa a versión de dito hostaleiro, moitos coincidiremos que o concello de Cambados non é un concello tan “perita” como manifestou no seu dia o alcalde. ¿cal será o próximo imposto ou taxa que se inventará Aragunde para seguir “atracando” aos cambadeses? 
      Dende “A ti meu Cambados” preocupados pola saúde financeira do axuntamento e cun claro espírito “reconciliador” co noso “querido” alcalde, ofrecémoslle unha serie de impostos que se poderían crear e que, sen dúbida, axudarían a aliviar as penurias económicas que parece  estar sufrido o concello.       
      IMPOSTO SOBRE O INSULTO E PALABRAS MALSOANTES A CARGOS DO PP 
      Cada ano, sobre todo en datas sinaladas, como na Festa do Albariño (na que o noso pobo enchese de políticos de certo nivel) a comitiva sempre ten que aguantar, de cidadáns ou de determinados colectivos, insultos diversos  ou comentarios do tipo: “hoxe vas coa muller oficial ¿onde
deixaches á amante colombiana” ou “¿cando me invitades a esas orxías sexuais que vos montades?; pois ben, ¿por que non sacarlle rédito a tales palabras soeces que teñen que soportar os  nosos “respectables” políticos?  Pois para iso  nada mellor que un imposto sobre o insulto e palabras malsoantes que seria de aplicación xeral porque, hai moi pouca xente que  non teña motivos para insultar aos nosos gobernantes e, así, dese modo, a xente podería desafogarse a gusto con Feijoo, Rajoy, Louzán ou Tourís.        
      IMPOSTO SOBRE “ENCHUFES”, ESTOMAGOS AGRADECIDOS E “PARASITOS” VARIOS
      ¿Algunha vez parástesvos a pensar na cantidade de xente enchufada ou estómagos agradecidos  que hai no concello? Fulares, a súa parella,  o xefe de prensa, o asesor
xurídico ou, mesmamente,   ese rapaz dunha coñecida familia pasteleira que é dos que mais horas extras cobra (outra cousa é que as traballe), por non falar de todos os operarios  “colocados” non pola súa valía profesional  senón, simplemente, polo seu manifesto servilismo ao PP; pois ben, dado o alto numero, como diciamos, de estómagos agradecidos que viven do concello ¿por que non aplicarlle un imposto?; sen dúbida reportaríalle ás arcas municipais fortes ingresos, é o menos que se lles podería esixir por cobrar do Concello i, en algúns casos, estar a maior parte do tempo tocándose as súas partes pudorosas.       
      IMPOSTO SOBRE OS MALOS CIDADANS  E INIMIGOS DA “GLORIOSA” NACION ESPAÑOLA
      Todos sabemos que para o PP todos os que non os votan son ou  simpatizantes de ETA, ou  “perroflautas” ou perigosos
independentistas que buscan a destrución de España e, por tanto, tales individuos deberían pagar un imposto por malos españois e por vivir na “gloriosa nación”  que, en tempos pasados, foi un imperio onde nunca se poñía o sol. Obviamente este imposto non seria igual para todos, aumentando o gravame a medida que o individuo amosase mais distanciamento do que debe ser un perfecto cidadán; é dicir: colleriamos un exemplo de bo e perfecto español, por exemplo, o noso querido Jose Pepe, modelo de
cabaleiro e cidadán exemplar  onde os haxa, e dese modo individuos “inadaptados” como Xaquín Charlín “Chon” ou Arturo Cores pagarían o interese impositivo mais alto porque pouco ou nada se parecen ao noso “querido” e sempre “recordado” escribidor favorito; obviamente poden reducir dito gravame si cambian de conduta ou maneiras,por exemplo,  acudindo á misa dominical ou portando o pendón na próximas procesións estivais (cando falo do pendón falo da bandeira non vaiades a pensar en ningunha amante colombiana que xa os vexo vir), neste sentido será importante a información que poida aportar Don José, o párroco.    
      IMPOSTO POR ADMIRAR AOS “MONUMENTOS” LOCAIS PPEPEROS
      Que Cambados non ten políticos de dereitas de alto nivel iso é sabido  por todos pero o que ninguén poderá  negar é que, en algúns casos,  moitos deles atesouran un atractivo e
un “sex  appeal” fora de toda dúbida; eu, aquí mesmo, teño expresado todo o que me inspira a ex concelleira local e actual deputada autonómica Rosa Oubiña, unha muller que, probablemente, podería vivir sen cerebro, dado o pouco uso que lle da, pero ¿que non se podería dicir e loar dese corpo que non envexa en nada ás top models internacionais? como sen dubida diría (e utilizando as súas propias palabras) o meu admirado, e anteriormente nomeado, José Pepe: “una mujer por la cual mas de un varón perdería la cabeza y la razón”. 
      Como non quero que me acusen de machista, tranquilas que tamén hai para vos e que mellor representante da masculinidade pepera local  que o guapo oficial cambades: o tenente alcalde Toñito Pombo, modelo da virilidade
cambadesa por antonomasia, por non falar do propio alcalde Aragunde, un galan de talla XXXL e incluso o propio Fulares, porque pode que Fulares sexa un parasito da administración cambadesa e un cancro para a súa economía, que o é pero sendo xustos, ninguén pode negar que é “guapito” e “resultón” : esa barba canosa e de aspecto, aparentemente desaliñada, esa pose ao James Dean; envexo a súa parella (como xa dixemos anteriormente outra parasita do concello) por ter tan boa compañía. 
      Pois ben, dito todo o anterior, ¿non seria xusto que os
cambadeses tivesen que pagar unha taxa por gozar e   alegrarse a vista con tal “tremendos” corpos? nada mais xusto; iso si, si os cidadáns  tiveran  que pagar poderían esixir  unha serie de contra prestacións , por exemplo, que cando Aragunde saíse a remar na piragua, se puxese unha tanga que realzase os seus mais que “predominantes” atributos aínda que sexa por ser a parte que mais se toca cando está nos plenos municipais.      
      Esperamos ter sido de axuda e si o Concello toma nota e implantan algúns destes impostos non nos odiedes o que importa non é o correcto funcionamento e marcha do pobo senón que Aragunde e os seus secuaces poidan seguir  vivir de tódolos cambadeses.  
      Un saúdo a todos
                 RICARDO DOMINGUEZ REY 





           
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.