O FALLO DO XURADO CAUSOU CERTO MALESTAR ENTRE VARIOS PARTICIPANTES
Agás cinco ou seis carrozas, pouco mais que vontade puxeron os participantes nos desfile de carrozas de onte en Cambados, hai que darlle merito a súa participación e que animaran o entroido, para habia moitas carrozas que non chegaban a ter méritos para que o seu “carromato” se denominara carroza, senón simple carromato, este era o sentir de moita xente onte en Cambados.
O Xurado estableceu que os gañadores foron “O Mais Doce” da Asociación Obradoiro Volandeira con 500 €, o segundo premio foi para Tempos Nejros con 400 € e o Terceiro foi para Escola de Cociña da Asociaicón de Nais e Pais do Colexio de Castrelo, con 300 € de premio, e que tamén foron os gañadores dos disfraces en grupo do domingo.
Moita xente dicia que carrozas como Vilage People, Natación Sincronizada (orixinalidade e simpatia), O Artico, ou sobre todo Clasic Express merecian moitisimo mais. Algúns tamén decian que casualidade que gañara Volandeira. Outros protestaban timidamente, pero aceptaron con deportidade a derrota (a algúns non lle quedaba mais remedio). En fin ahí tedes as fotos na columna da dereita para xulgar vos mesmos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario