Páginas

4 de feb. de 2015

UNHA PÁXINA DE FACEBOOK PIDE AO GRUPO GALEGO “LOS SUAVES” PARA O ALBARIÑO

NO 2015 ESTE MÍTICO GRUPO DESPIDESE DOS ESCENARIOS.
Los Suaves é unha banda galega de hard rock formada en Ourense polos
irmáns Yosi, Charly e Javier Domínguez nos anos oitenta. O seu estilo inicial tendía a unha proposta musical de rock urbano pero, coa incorporación de Alberto Cereijo ao grupo, o
son comezou a verse paulatinamente máis influenciado do heavy metal. A súa música caracterízase por longos cortes onde destaca o virtuosismo dos instrumentos apoiado por letras que expoñen, xeneralmente, o lado amargo da vida así como problemas cotiáns e sociais. Actuaron  xunto a grupos como Ramones ou The Rolling Stones, asentáronse como unha das bandas máis consolidadas da escena do rock español chegando a vender máis de dous millóns de discos ata
decembro de 2014.
O 18 de decembro de 2014, Os Suaves anuncian mediante un breve comunicado que na primavera de 2015 comezarán o seu xira de despedida.
Un grupo de cambadeses que idolatran a este famoso grupo fixeron unha páxina de facebook para ver se convencen a Aragunde decindolle “Que mellor xeito de despedirse  que actuando na LXIII Festa do Albariño” Entra no portal e di si a “Los Suaves no Albariño”: https://www.facebook.com/events/648918075234109/
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para publicar calqueira comentario neste blog tes que envialo o seguinte correo: atimeucambados@gmail.com, identificandote debidamente.
Tamén podes facelo a traves de facebook nas contas seguintes: http://www.facebook.com/unha.chea e http://www.facebook.com/xaquincharlinchon, especidificando especialmente si é o teu desexo que saia como comentario tamén no blog. Tamén podes facelo enviando unha mensase privada as contas de fecebook antes referidas.
Se saes nalgunha imaxen deste blog e non é a tua intención indicanolo madiante un correo o email antes citado, facendo saber a entrada na que saes.
Perdoade as molestias.