NON É A PRIMEIRA VEZ QUE SE DENUNCIA O PÉSIMO ESTADO DESTA FONTE
Os veciños de Cambados mostran a súa preocupación pola imaxe que presenta a Fonte Lavadoiro de Fefiñáns que se encontra nun estado deteriorado ante a presenza denumerosos grafitis e pintadas.
Os veciños de Cambados mostran a súa preocupación pola imaxe que presenta a Fonte Lavadoiro de Fefiñáns que se encontra nun estado deteriorado ante a presenza denumerosos grafitis e pintadas.
Esta obra encóntrase incluída no Plan Especial de Protección e Ordenación do Casco Histórico de Cambados para a súa"protección integral" e sinalan que levan dous anos en estado de abandono.
Segundo indican os veciños, as primeiras pintadas apareceron no verán de 2012 nos carteis e postes deste lavadoiro. Dende entón, apuntan que tanto na pedra coma na estrutura se observa un incremento do número de grafitis.
Afirman que polas noites se reúnen grupos de mozos neste espazo provocando algún incidente que levou consigo
queixas entre os veciños. O lavadoiro utilízase como zona para a celebración de botellóns e nos bares indican que "cando veñen corren os maxicubatas e as litronas. Hai algunha que outra reprimenda de madrugada, pero non arman moita lea. Seguen reuníndose de cando en vez e vese claramente os luns, cando os servizos de limpeza se empregan a fondo para recoller os restos das xuntadas".

Por este motivo, os veciños reclaman medidas de control por parte da Policía Local que eviten estes actos vandálicos na zona.
FONTE: PONTEVEDRA VIVA.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.
Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.
Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI
Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI
Ningún comentario:
Publicar un comentario