O MOMO, É CASI OU MAIS ESPERADO CA LOTARIA DE NADAL.
Hoxe comenza o Entroido 2015 en Vilanova de Arousa, unha celebración
que sen dúbida forma parte das tradicións máis senlleiras da localidade, con moita raizame popular e que se mantén viva grazas á estreita colaboración entre a vecindade e o Concello.

Unha festa que acada uns niveis altísimos de participación onde vilanoveses e miles de visitantes achegados de toda a xeografía galega e da comarca acuden o domingo ao Gran Desfile do Momo para descubrir a
identidade segreda desta personaxe misteriosa e para desfrutar dunha celebración moi especial onde o humor, a sátira, a música e o espectáculo son os auténticos protagonistas da xornada.

A programación de entroido está pensada para que gocen tanto pequenos coma os maiores de todas as parroquias e lugares
do municipio, e comenza hoxe venres día 13 de febreiro ás 17:00 horas coa Gran Festa Baile Infantil no Pavillón Municipal de Deportes de Vilanova. Amenizada polo grupo “Carcajadas”, nela os rapaces poderán participarnos obradoiros de maquillaxe, globoflexia,
participar nos xogos e saltar nos inchables. Tamén anticipamos que haberá sorpresas como a visita de Mickye e Minnie, as personaxes Disney.

O domingo día 15 na parroquia de Baión celébrase o Baile de Entroido amenizado pola Orquesta D´Tacón a partir das 19:00 horas no pavillón de deportes.
Pola súa banda, en San Miguel de Deiro, ás 16:30 horas, sairá do pavillón o desfile de disfraces e carrozas percorrendo todos os lugares da parroquia. A partires das 19:00 horas comenzará o baile no mesmo pavillón a cargo do grupo Tokyo. Haberá
inchables e agasallos para todos os nenos así como para os mellores disfraces e carrozas.

Xa o martes 17, na Casa de Cultura de de András terá lugar a partir das 18:00 horas o baile de Entroido amenizado tamén polo grupo Tokyo. Na Casa de Cultura O Mouriño de Corón (Caleiro) tamén haberá baile a
cargo da Orquesta D´Tacón a partires das 19:00 horas.

O sábado 21 e o día no que terá lugar o Velatorio de Momo, ás 20:00 horas diante do Concello. A comitiva sairá acompañada dos vecinos asistentes ao acto, e todos xuntos percorrerán as rúas
do casco urbán de Vilanova parando en varios establecementos hostaleiros que colaboram coa celebración das festas. A música da verbena será a cargo do grupo Lume. Haberá para todos doces tíicos como filloas e orellas ademáis da tradicional queimada.

O domingo día 22 o Entroido vilanovés remata co Gran Desfile do Momo. O espectáculo comenzará
ás 17:00 horas coa saída das carrozas liderada pola comitiva do momo que se concentrarán diante do Concello. Despois de pasear polas rúas do centro de Vilanova, rematarán o seu percorrido na Praza dos Olmos, ao carón do Paseo Marítimo, coa queima da personaxe misteriosa e cos máis que esperados responsos a cargo do humorista e presentador galego Xacobe Pérez.

Animámosvos a participar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario