25 de mar. de 2015

OS SOCIALISTAS GALEGOS RECLAMAN A IMPLANTACIÓN DUNHA AMBULANCIA MEDICALIZADA NO SALNÉS PARA IMPLANTAR UN TRANSPORTE MEDICALIZADO NA COMARCA

Carmen Acuña alerta do serio risco para a poboación, que carece dun servizo axeitado “por carecer de medios”
Os socialistas manteñen un encontro no
Parlamento cos traballadores de ambulancias do Salnés.
 A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen
Acuña, reclamou hoxe a implantación dunha ambulancia medicalizada na comarca do Salnés, para atender aos 160.000 habitantes da comarca, que se duplican nos meses do verán e que hoxe carecen deste servizo.

Así o dixo logo do encontro que mantiveron hoxe os portavoces de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña e Pachi Vázquez, e a portavoz do PSdeG-PSOE de Cambados, Fátima Abal, cos traballadores de ambulancias do Salnés. Os socialistas galegos respaldaron as demandas
dos traballadores, que consideran “intolerable” que unha comarca co nivel de poboación do Salnés careza a día de hoxe deste servizo.

Alertaron do prexuízo que provoca esta carencia á poboación, incrementando o
tempo de atención e obrigando a facer traslados de pacientes in itinere, no camiño, para desprazalos dunha ambulancia ordinaria a unha medicalizada, cando a gravidade do caso o esixe. 

Acuña sinalou que esta circunstancia sitúa aos pacientes no risco de sufrir “consecuencias fatais” dada a gravidade dos casos que teñen que atender carecendo dos medios necesarios.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI


Ningún comentario: