21 de abr. de 2015

VETO INXUSTO DE TELE SALNÉS A "SOMOS CAMBADOS" AO DEBATE DO 7 DE MAIO

Foto: www.poncesures.net
COA ANUENCIA DOS DEMAIS PARTICIPANTES NO DEBATE.
O vindeiro 7 de Maio nos lamentables programas  de debate que se están a ver en
Tele Salnés, no da Illa, Pontecesures e Vilanova só foi un candidato, tócalles a Cambados o vindeiro 7 de maio, en principio só están
Tino Cordal, vetado.
convidados os representantes do PP, BNG E PSOE.  “SOMOS CAMBADOS” inexplicablemente non vai ser convidada esgrimindo como causa ao parecer o medio instalado en Ribadumia,  que non invitan aos que non teñen representación municipal e tamén por falta de espazo, isto segundo rumores pois esta blog dirixiuse persoalmente a Tele Salnés para que no lo confirmara ou desmentira e tivemos a calada por resposta. O que si sabemos é que as demais forzas políticas invitadas en principio van ir  sabendo  que  non van  ser invitados "SOMOS CAMBADOS" e a outra forza que tamén presentou candidatura, "Cambados Pode".
Se queremos un debate digno tanto PP, como BNG, como PSOE non deberían non só solicitar senón exixir de Tele Salnés que debían de estar presentes todas as candidaturas que se presentan os comicios, para que sexa un debate puro e limpo ou é que teñen medo debater con "SOMOS CAMBADOS", por iso decimos  que é coa anuencia dos demais participantes.
Ademais a razón que ao parecer que alega Telesalnés, debérona “inventar” este ano pois nas anteriores eleccións municipais foran invitadas candidaturas sen representación municipal. Ademais esta decisión non segue ao pe da letra o espíritu da Lei Electoral.
Tele Salnés veta a SOMOS CAMBADOS, participa e VETA TI a Tele Salnés.  Os cambadeses queremos ver a todos os candidatos.

Ningún comentario: